Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Do azar na arte

2zloSHgJ4jjeOCeNBGONNpFi3Ii7s4sAavHa9HjsFidel Vidal. Un coup de dés jamais n’abolira le hasard (Mallarmé). Nun chimpo atopamos o concepto de arte enfrontado ao de estética, na liña de Tàpies (A arte contra a estética) onde o ser humano é quen de se liberar de canons tradicionais e de vellas debilidades, como confundir arte con beleza, e ir máis alá do fermoso, do adorno, do decorativo. “Sen creación -afirma Winnicott- non hai máis que supervivencia”. De aí que xurdan novas experiencias, véxase surrealismo, arte povera, da-da, brut arte. Unha aposta pola a expresión da liberdade sen barreiras. Seguir lendo Do azar na arte

Anteface

"Anteface", de Teresa Argibay, como a insinuación
“Anteface”, de Teresa Argibay, como a insinuación

Eme Cartea. Anteface representa o omnímodo poder da insinuación! Porque impón a súa absoluta e inmediata presenza, chea de sinxeleza e ambigüidade embozada, converténdonos en (in)discretos voyeurs cativados na trama da forma e da cor. E por ser concibida xa como estética do inacabado, a modo de schizzo, con contornos nítidos para un medio corpo en primeiro plano que se prolonga máis alá do cadro, ata onde a imaxinación se aventure. Seguir lendo Anteface

Cerna e abstracción

B30A1084Antonio Piñeiro. Souben de Antía Brey con ocasión da súa mostra 5 elementos, na Casa da Cultura da Cachada. Deseguido, o empezo circunstancial co que demos dende primeiros do 2020 puxo unha paréntese que xa se vai facendo longa de máis. Pero volvín saber, hai uns días, no canto dunha conversa sobre a arte e o informalismo, do traballo que está a realizar Seguir lendo Cerna e abstracción