Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Balada saudada

832934Xosé Manuel Lobato. Ritmo dos sons da infancia, inestables naqueles tempos de crianza en formación logran acadar co paso do tempo un pouso de grande reserva, sempre nesa memoria a longo prazo que todo ser humano posúe.

Curioso e digno de eloxio, mesmo emoción, observar o navegar atinado de persoas maiores nas lembranzas daquelas experiencias da nenez. Seguir lendo Balada saudada

Corga da Fecha

P1100622_stitchXosé Manuel Lobato. Cor outonal navegando sobre a Corga, variedade que acouga no repouso desa furia de espectacular fermosura que é a ruxidoira. Dobregar ante o ruxir dun regato que goza dunha das mellores vistas para gozar o mimo do feitizo natura, espírito que deambula e sintoniza co son único da Fecha. Viveza no verde turquesa, nese remanso de repouso para todo  ente cromático de caducas amarelas, lilas, marróns, pardos e variados verdes murchos nunha mestura de cores sen par. Seguir lendo Corga da Fecha

Brincadeira do Sacro

Foto: Galicia Única
Foto: Galicia Única

Xosé Manuel Lobato. Tic, tac, mais non escoito, xornada indecisa, a climatoloxía non se decide por unha aposta segura. A tantariñante vacilante, mesmo a tristura semella impregnar o ambiente nesta celebración do día de todos. Unha masificación de ánimas, ou quizais espíritos errantes que aí, en algún lugar permanecen, afastados ou próximos non amosan a súa esquiva faciana. Seguir lendo Brincadeira do Sacro

Decano de cátedra

Xoán_Xosé_Fernández_Abella_(AELG)-1Xosé Manuel Lobato. Estrela permanente./Agarimoso porto./Forza e pulo./Permanencia indelébel./Exemplo impar./Vencedora do tempo./Na miña vida, sempre. Arte na composición, dende a xene estilística conquista a erudición para acadar un sofisticado trobar. Xoán Xosé Fernández Abella, poeta por convicción, de profunda formación, realza con cada verso un sofisticado estilo poético. Verso a verso, durante varios lustros, o seu corazón xeneroso foi esa fontela que abrolla fresca na poética de noso. Unha poesía na que o vate é inspirado pola terra nai, unha natura esplendorosa que Xoán sempre defendeu e defende con enérxica e briosa oralidade. Seguir lendo Decano de cátedra