Arquivo da categoría: Inés Otero

El perro que ladraba a las olas, de Hugo Hamilton

el perroInés Otero. Esta curiosa novela evoca a vida do escritor xermano-irlandés Hugo Hamilton na cidade de Dublin durante a década dos anos cincuenta. A súa infancia estivo marcada pola ideoloxía que se respiraba na súa casa: o seu pai, Jack, era un fervente nacionalista irlandés que non permitía que os seus fillos falasen inglés; pero como a nai, Irmagard, era alemá, que fuxira do seu país para esquecerse das escouras que deixara o réxime de Hitler na súa memoria, os nenos tamén falan a lingua materna. Esta actitude condicionaralle a Hugo a  vida no seu arrabalde, onde é bautizado co alcuño de “Adolf Eichmann” e cre que “me van ejecutar, porque a mi hermano mayor lo llaman Hitler”. Seguir lendo El perro que ladraba a las olas, de Hugo Hamilton

A cor do sol, de Andrea Camilleri

a cor do solInés Otero. Despois de traballar durante corenta anos como director de teatro –onde realizou numerosas montaxes de pezas dramáticas de Luigi Pirandello, Eugene Ionesco, T. S. Elliot ou Samuel Beckett– e ser produtor e guionista de series para a RAI,  Andrea Camilleri (Porto Empedocle, 1925)  acadou o éxito no mundo da literatura cando, despois dos fracasos das novelas Il corso delle cose (1978) e Un filo di fumo (1980), publicou La staglione della caccia e dous anos máis tarde La forma dell´aqua, onde aparecía por primeira vez o comisario Montalbano, do que xa leva publicadas sobre as súas pescudas máis de 30 obras en diferentes idiomas. Seguir lendo A cor do sol, de Andrea Camilleri

El museo del silencio, de Yoko Ogawa

museoInés Otero. Para que serve un museo? Que obxectos debemos gardar nel? E como organizalos? O protagonista desta obra, un mozo especialista en museoloxía, cre coñecer o sentido que se esconde detrás do seu traballo ata que un día se atopa cunha insólita proposición: unha anciá quere organizar un museo no que soamente se exhibirán obxectos recollidos no momento exacto da morte dos veciños da localidade. Malia que intentará cumprir o enigmático encargo, axudado pola filla adoptiva da señora,  os receos invadirán a súa cabeza. Conseguirá rematar a inquietante tarefa? Seguir lendo El museo del silencio, de Yoko Ogawa

El vino de la soledad, de Iréne Némirovsky

el vino de la soledadInés Otero. Esta ácida novela reflicte algúns episodios biográficos da autora, filla dun banqueiro xudeu que tras a revolución rusa abandonou coa súa familia Ucraína. Irene, de 16 anos, puido retomar os seus estudos en París, onde obtivo a licenciatura en Letras. Aos 18 años comezou a escribir e no 1926 casou co enxeñeiro Michel Epstein. Vítimas das leis antisemitas do goberno de Vichy, no ano 1940 refuxiáronse na vila de Issy-L´Éveque, pero tiveron que levar a estrela amarela. En 1942 ela foi internada no campo de Pithiviers e deportada a Auschwitz, onde morreu de tifo o 17 de agosto dese ano.  A mesma sorte tería o seu home tres meses máis tarde. Seguir lendo El vino de la soledad, de Iréne Némirovsky