Inés Otero. Ryota Nonomiya, un arquitecto obsesionado co éxito profesional, vive felizmente coa súa muller, Midori, e o seu fillo de seis anos, Keita, ata que un día, logo de recibir unha chamada dende un hospital, o seu mundo interior se esmorece. O importante home de negocios, que vivía só para amasar fortuna e ser cada vez más rico, sufrirá o indicible ante o impacto da insólita noticia. E, para evitar consecuencias máis traumáticas, deberá tomar axiña unha decisión. Así comeza esta conmovedora historia que gañou o ano pasado o Premio do Xurado no Festival de Cannes e o Premio do Público no Festival de San Sebastián. Seguir lendo De tal pai, tal fillo, de Hirokazu KoreEda
Arquivo da categoría: Inés Otero
Los desorientados, de Amin Maalouf
Inés Otero. O pai desta curiosa novela é un dos escritores máis lidos e galardoados da literatura actual. Amin Maalouf recibiu o Premio Príncipe de Asturias no 2010 e ao ano seguinte entrou no selecto grupo da Academia Francesa. Entre as súas obras máis recoñecidas destaca con voz propia León O Africano (1986), Samarkanda (1988), A rocha de Tanios (Premio Goncourt, 1993) e Os xardíns da luz (1991 ). Tamén é autor do célebre ensaio As cruzadas vistas polos árabes (1983). Un caudal de fermosas e atraentes páxinas que xiran todas ao redor dun mesmo eixo temático: Oriente Vs. Occidente. Seguir lendo Los desorientados, de Amin Maalouf
El mayor Pettigrew se enamora, de Helen Simonson
Inés Otero. O maior Pettigrew está preto dos oitenta anos, e a señora Alí, aparenta uns dez menos. Os dous estiveron casados e enviuvaron hai tempo. Viven na mesma vila –Edgecombe St. Mary– pero a súa relación é puramente cordial: el limítase a comprar na tenda dela. Todo cambia cando o maior recibe a chamada da súa cuñada informándolle da morte do seu irmán. A señora Alí, que nese instante estaba a reclamarlle o pago dun xornal, é quen lle presta os primeiros consolos. Entón agroma unha relación sentimental entre dous seres normais –aman a vida solitaria, as cuncas de té quente e os poemas de Kipling– que se enfrontará con moitas presións. Seguir lendo El mayor Pettigrew se enamora, de Helen Simonson
Olive Kitteridge versus Elizabeth Strout
Inés Otero. Estamos diante de trece relatos –Premio Pulitzer, 2010– que se poden ler como unha novela. A autora retrata con sinceridade e precisión psicolóxica o mundo pechado dos habitantes de Crosby, unha vila costeira do estado de Maine. E o fío condutor da maioría destas historias é Olive Kitteridge, profesora do instituto durante varias xeracións na localidade e coñecedora dos segredos dos seus veciños, uns seres que se moven cunha firme estratexia: sobrevivir. A partir das reflexións desta mestra de matemáticas –que xustifica o nulo evocador título da obra– coñecemos como se cruzan as vidas dunhas persoas nas semanas posteriores á caída das Torres Xemelgas, símbolo das catástrofes que, segundo comenta ela, lle afectan ao mundo contemporáneo. Seguir lendo Olive Kitteridge versus Elizabeth Strout