Arquivo da categoría: Inés Otero

Haworth

vidaInés Otero. Hai uns meses lin Todo ese fuego (2015), un libro de Ángeles Caso no que retrataba a vida das irmáns Brontë na casa reitoral de Haworth, onde as tres fillas do pastor comezan a xornada realizando as tarefas domésticas mentres agardan que chegue a tarde para tecer as súas novelas. Charlotte escribe Jane Eyre, Emily Cumes borrascosos e Anne Anne Grey. Tamén coñecemos a vida licenciosa de seu irmán, o admirado Branwell, mergullado no opio e perdido na relación amorosa cunha muller casada. Seguir lendo Haworth

Mulleres e Libros, de Stefan Bollmann

mulleresInés Otero. Este libro, subtitulado Unha paixón con consecuencias, está escrito por este autor alemán (Düsseldorf, 1958), especialista na obra de Thomas Mann, moi recoñecido por dous best sellers: As mulleres que len son perigosas (2005) e As mulleres que escriben tamén son perigosas (2007), uns libros que se traduciron a vinte idiomas e levan vendidos máis de medio millón de exemplares. Esta obra está dividida en catro partes. Na primeira, titulada COMEZA A FEBRE DA LECTURA, analiza o mundo dos libros no século XVIII, a partir de tres acontecementos: o efecto Werther, a figura de Caroline Schegel-Shelling e a revolución que supuxo para o mundo das letras Mary Wollstonecraft. Seguir lendo Mulleres e Libros, de Stefan Bollmann

Ti non es coma outras nais, de Angelika Schrobsdorf

madresInés Otero. A autora desta curiosa novela –máis de 500.000 mil exemplares vendidos en Alemaña e que vai aquí pola cuarta edición– é a muller de Claude Lanzmann, ex amante de Simone de Beauvoir e máis coñecido por Shoah, o documental sobre o xenocidio nazi. A historia que conta Angelika Schrobsdorf (Friburgo, 1927) ao logo de 600 apertadas páxinas, comeza no ano 1893, cando nace Elsa Kirschner, nai da autora e auténtica protagonista desta obra, e remata no ano 1947 despois de que os nazis se levarán, por culpa das noxentas leis racistas ditadas en Nürenberg, algúns membros desta rica familia xudía ata o crematorio de Theresienstadt e outros ata Bulgaria e Palestina.  Seguir lendo Ti non es coma outras nais, de Angelika Schrobsdorf