Inés Otero. Dous nenos, Diamante e Vita, chegan no ano 1903 á Ellis Island nun vapor que os trae de Italia con outros inmigrantes; axiña desembarcan en Nueva York, despois de pasar os controis aduaneiros, intentan localizar os familiares que viven nunha caótica pensión do gueto italiano. Corenta anos despois, un capitán do exército aliado, mentres loita contra as forzas de Mussolini para liberaren de nazis a rexión da Campania, procura indagar sobre as raíces daqueles rapaces de doce e nove anos. E, outros corenta máis tarde, unha escritora italiana emprende a mesma teima –a reconstrución da memoria familiar– despois de tropezar por casualidade con algún rastro daquela incerta historia durante unha viaxe a Estados Unidos. Seguir lendo Vita, de Melania Mazzucco
Arquivo da categoría: Inés Otero
O tio Vânia, de Anton Tchékhov
Inés Otero. Cada mes un clásico. Este tocoulle a Tío Vania, obra mestra deste clásico ruso, xunto con As dúas irmás e O xardín das cerdeiras. A peza foi escrita no ano 1897, despois de rematar A gaivota, e representouse por primeira vez nos escenarios do Teatro de Arte de Moscovo no ano 1899. A trama comeza coa chegada a un bucólico ambiente (“casa con terraço, alameda debaixo do álano velho… e un baloiço”) do profesor Alexandr Serebriakov, e a súa muller Elena Andréiva, unha fermosa moza de 27 anos, á finca rural de Sónia, filla do primeiro matrimonio, administradora da pequena granxa e enfeitizada cun médico que non lle corresponde. Seguir lendo O tio Vânia, de Anton Tchékhov
Isabelle, de André Gide
Inés Otero. Gérad Lacase, un estudante de Letras da Sorbona, chega ao castelo de La Quartfourche, unha mansión normanda habitada polas familias Floch e Saint-Auréol. A súa intención é consultar a biblioteca para realizar unha tese doutoral sobre os sermóns de Bossuet. Pero pronto se atopa cunha atmosfera sufocante (un muro de lluvia me separaba del resto del mundo, lejos de toda pasión, lejos de la vida), onde un nobre raro, o preceptor dun rapaz deforme e un vello profesor –mergullado entre cartafoles antigos– convértense no escenario dunha propiedade a piques de esmorecer ante os cambios históricos que se aveciñan. Seguir lendo Isabelle, de André Gide
El velo alzado, de George Eliot
Inés Otero. Esta é unha novela curta de Mary Ann Evans, máis coñecida no mundo literario polo sobrenome de George Eliot (1819-1880), a escritora inglesa autora de tres obras mestras da narrativa do século XIX: El molino junto al Floss (1860), Silas Marner (1861) e Middlemarch (1872). Tres obras ambientadas nos suaves e idílicos chans de Warwickshire, onde ela residiu durante a mocidade e, malia recibir unha rigorosa educación baptista, reivindicou o seu agnosticismo cando soamente tiña dezasete anos, participou activamente nos foros intelectuais máis progresistas e mesmo viviu unha intensa relación amorosa co crítico George H. Lewes, a pesar de que este estaba casado. Seguir lendo El velo alzado, de George Eliot