Isabelle, de André Gide

isabelle1Inés Otero. Gérad Lacase, un estudante de Letras da Sorbona, chega ao castelo de La Quartfourche, unha mansión normanda habitada polas familias Floch e Saint-Auréol. A súa intención é consultar a biblioteca para realizar unha tese doutoral sobre os sermóns de Bossuet. Pero pronto se atopa cunha atmosfera sufocante (un muro de lluvia me separaba del resto del mundo, lejos de toda pasión, lejos de la vida), onde un nobre raro, o preceptor dun rapaz deforme e un vello profesor –mergullado entre cartafoles antigos– convértense no  escenario dunha propiedade a piques de esmorecer ante os cambios históricos que se aveciñan.

Os días transcorren con normalidade na vida de Gérard  ata que descobre asombrado o retrato de Isabelle Saint-Auréol (contemplándola había perdido la noción del tiempo y del lugar). No intento de reconstruír o pasado desta muller (conocer su vida secreta; saber por qué caminos perfumados, patéticos y tenebrosos…), que visita o castelo polas noites para bicar o seu fillo maltreito, verase enfrontado cunha realidade inesperada, unha historia que nunca imaxinara, onde os segredos familiares e a complexidade de certas condutas –sobre todo o misterio que envolve á enigmática protagonista da obra–  son o cerne desta singular novela curta.

isabel 2En soamente 130 páxinas André Gide condensa o mellor do seu estilo: trama sutil, personaxes enfrontados e atmosfera inquietante. Por certo,  ao ano seguinte da súa morte no  1951, a Igrexa Católica incluíu as súas obras dentro do Índice de libros prohibidos. J’ai débuté par Isabelle , un petit roman qui m’a séduit dès les premières lignes.Gérard Lacase, étudiant en Sorbonne, séjourne au château de Quartfourche pour prendre connaissance de documents inédits relatifs aux sermons de Bossuet, son sujet de thèse.Un jour que Gérard se promène avec Casimir, il découvre, dans une dépendance abandonnée, un portrait de jeune femme.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *