Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Ollando no Alén

guadalupeXosé Manuel Lobato. Monstros de auga e vento… Fiel e puntual chega a grande cita de Rianxo, a celebración das súas festas para venerar a virxe da Guadalupe, a icona moreniña destas terras rianxeiras.

Os que non somos nativos, aínda que admiramos con intensidade esta vila mariñeira e as súas xentes, non entendemos un Rianxo que non mire o mar, ese mar cantado por Manuel Antonio que por veces agarima e outras moitas fere con crueza. Tampouco visualizamos nin imaxinamos esta vila sen as festas da Guadalupe. Seguir lendo Ollando no Alén

Souteliño

souteliño1Xosé Manuel Lobato. Despídese un solleiro día do mes de agosto deste val, unha fermosa cunca profunda entre montañas fumegantes, doentes serras que foron devoradas polas lapas implacables deste verán. Chiscar ata esgotar os últimos folgos dunhas raiolas solares que xa expiran, mais a noite que nos abraza semella que emerxe luminosa, por detrás da Serra da Lúa comeza a divisarse o máxico encanto dun intenso plenilunio. Seguir lendo Souteliño

Carta a unha estrela

estrelaXosé Manuel Lobato. Nese Alén hai pentagramas que foxen das sombras? Como é que inspiran as estrelas? Permaneces tan afastada e inalcanzable que contemplarte semella unha ilusión que fere e agrada sen outra opción. Formas parte desa elegante e supoño sofisticada inmensidade astronó-mica, nese universo incontable, escasamente coñecido, mais sei que ti formas parte desa extensa nómina de lucerna anónima, permaneces afastada definitivamente, mais amas con paixón o latexo terreal. Seguir lendo Carta a unha estrela