Xulio Gutiérrez. Os fieitos forman parte da nosa paisaxe. Proliferan baixo os piñeirais formando un continuo e cambiante sotobosque, verde en inverno e pardo en verán. Algúns, como o fieito real e o fieito macho, agroman nas ribeiras dos ríos coma fachendosas coroas vexetais. Diríase que celebran a festa da auga que baixa do monte vivificando os ecosistemas. Seguir lendo Ecos dun distante pasado
Arquivo da categoría: Xulio Gutiérrez
Lúa mentireira

Xulio Gutiérrez. O persistente tránsito nocturno da Lúa vén marcado polo abalar e devalar da súa face, nunha danza secular que ten intrigado o Homo sapiens desde que é sapiens.
Os ritmos lunares determinan labores agrícolas, gandeiros, pesqueiros e incluso industriais; unhas veces con razón científica, como o nexo entre mareas e fases lunares, e outras sen ela, como o falso mito da relación entre os partos e o cambio de Lúa. Seguir lendo Lúa mentireira
A masacre silenciosa
Xulio Gutiérrez. Vivimos nunha socie-dade frenética adicta ás présas. Non hai tempo (ou vontade?) para as explicacións prolixas. Se queres dicir algo tes que falar rápido e forte. As mensaxes deben ser simples. Pero o conto de hoxe é complexo. Así que, a risco de perder o lector xa no segundo parágrafo, comezo: Un paseo pola praia, cando as mareas vivas descobren os segredos da rexión infralitoral, revela signos sutís do drama que están a vivir os océanos. Seguir lendo A masacre silenciosa