Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

O ictus do porquiño

porcoFrancisco Ant. Vidal Blanco. A primeira sorpresa que levou Elvira cando lle foi botar a galdrumada á manxadoira foi que o cocho non veu correndo a devorar o almorzo como era costume todas as mañás. Daquela entrou no cortello a puxar nel por ver que lle pasaba e acabou conseguindo que o animal se erguese, pero non andaba ben, andaba de lado, como se as patas dereitas non lle respondesen, e daquela chamou ó veterinario. Seguir lendo O ictus do porquiño

O valor dunha man

manFrancisco Ant. Vidal Blanco. Agora mesmo non lembro en que conto de Miguel Torga se fala dun médico de Tras-os-montes especializado en facer eivados para pedir con causa nas portas das igrexas e nos camiños das romarías. Quédame daquela lectura unha amarga sensación, un arrepío que soseguei convencéndome de que aquilo só era un conto, unha fantasía do autor, algo que por raro e insólito nos parece imposible. Pero agora, tras coñecer o caso dun paisano de Castellón, de quen a prensa se fixo eco hai unhas semanas, veño saber que aquel conto dos mutilados só é unha anécdota. Seguir lendo O valor dunha man