Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

Empresas galegas

empresasFrancisco Ant. Vidal Blanco. Hai un restaurante en Arteixo que acostumo visitar, entre outras cousas porque nesa hora que me queda entre a xornada da mañá e a da tarde podo xantar mirando unha fermosa paisaxe mariña. E cadrounos esta semana preto dunhas rapazas que, na mesa do lado, falaban de teas, modelos, modas e viaxes por distintas cidades promocionando a roupa de Zara de cara á próxima tempada. Seguir lendo Empresas galegas

Calidade e beneficios

mexillónsFrancisco Ant. Vidal Blanco. Os beneficios sen calidade duran moi pouco, ou así mo fixeron ver estes días, contándome de como aló polo final dos anos sesenta e primeiros anos setenta do pasado século, unha conserveira que exportaba latas de xarda en aceite de oliva a Italia non soubo ver esta verdade. Íalles ben, o empresario gañaba e ós empregados non lles faltaba traballo, pero chegou o día no que a ambición entrou no despacho do xerente, a quen o consello de dirección lle ofreceu unha participación nos beneficios se estes melloraban, e decidiu que, por botarlle un pouco de auga ó aceite non ía pasar nada e aforraría unha pasta. Seguir lendo Calidade e beneficios

A voltas co Nobel

dylanFrancisco Ant. Vidal Blanco. Eu tamén penso que un cantautor é un poeta, e polo tanto tan merecedor do Nobel como calquera novelista. E aplaudiría que, de vivir hoxe en día Martín Códax, Paio Gómez Chariño, Pero Rodríguez de Palmeira (de quen por desgraza non coñezo ningunha obra), ou calquera outro dos xograres do noso país, levasen ou fosen candidatos ó premio Nobel de literatura. Seguir lendo A voltas co Nobel

Patrimonio perdido

patrimFrancisco Ant. Vidal Blanco. Cando se viaxa, hai que visitar as igrexas, porque sabendo a quen se lle reza sabemos a quen se lle teme, di sempre Xulio e eu repito aconsellando a amigos e familiares, porque a historia de calquera lugar é sempre unha historia de medos e sentimentos máis ca de vitorias ou arroutadas. E así, se na Barbanza lle hai unha especial devoción á Nosa Señora do Loreto, hai que pensar máis no medo ós piratas do século XV e XVI ca na patroa da aviación. Seguir lendo Patrimonio perdido