Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

O sexto sentido

sextoFrancisco Ant. Vidal Blanco. Dúas das virtudes máis demandadas nas relacións sociais son ter man esquerda e un sexto sentido. E as dúas son as que máis se botan en falta nestes tempos que corren. Ter man esquerda era o que se lle pedía outrora ás mozas casadeiras, que non podían dar o «si quero» mentres non fosen quen de cortar as uñas da man dereita coa esquerda. Só é cuestión de adestramento. Seguir lendo O sexto sentido

A indeleble liña vermella

rómulo1Francisco Ant. Vidal Blanco. De liñas vermellas e outras gaitas está chea a prensa diaria, o que me lembra a cando no recreo da escola, o Virulillas cruzou unha raia no chan, apartouse ata poñerse á sombra do curmán, aquel que lle levaba dous furados máis no cinto, como xa temos comentado, e increpou a Moncho: «Anda, pisa esa raia se te atreves». Seguir lendo A indeleble liña vermella

De viúvos e viúvas

viúvosFrancisco Ant. Vidal Blanco. O amigo Xulio acostuma ir a un centro social onde, ademais dunha biblioteca, audioteca, videoteca e outras tecas hai unha ludoteca na que cada tarde se reúnen os maiores para botar a súa partida de cartas, sempre máis viúvas ca viúvos, e iso a pesar de que o varón, por definición é máis forte, robusto e duro cás mulleres. Seguir lendo De viúvos e viúvas

En cadansúa dorna

dorna1Francisco Ant. Vidal Blanco. Prepa-rándose para pasar unha tarde de pesca, falan do tempo, do lugar ata onde pensan ir ou do tipo de carnada que levan, e aconséllanse, pero cada un desde a súa embarcación, cada un dono da súa dorna e nunca un abordará ó outro sen permiso, como ninguén entra na casa do veciño sen chamar antes á porta, sen agardar a voz que o invite ou autorice a pasar. Seguir lendo En cadansúa dorna