Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando coñecín a señora Toña, hai máis de trinta anos, buscando datos sobre aqueles esmolantes que andaban polas casas labregas á procura dun prato de comida ou dun alpendre onde pasar a noite, xeralmente a troco dalgún traballo temporal, nin ela nin eu sabiamos que o conto se ía repetir, nin que a ela só lle quedaban uns meses de vida. Seguir lendo A asasina
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
Malditas dietas
Francisco Ant. Vidal Blanco. Síntoo moito polo meu amigo Tucho, a quen lle deu por facer dieta para lucir abdominais na praia de Riazor, e aí o vedes, na Parrillada Gardel, fronte a toda a panda de gaiteiros que somos, todos con cadanseu coitelo de dobre gume fronte a unha fonte de churrusqueira carne pingona, co viño servido en cunca de medio litro mentres el, por non perder a compaña, de cabeza ladeada mira para nós por encima dun prato de leituga sen adubo e o copo de auga sen gas. Seguir lendo Malditas dietas
Campaña de descrédito
Francisco Ant. Vidal Blanco. Por se alguén non se decatou, estamos en plena campaña electoral. ¿E por que o sei? Pois pola cantidade de camións de chapapote, piche e cemento que circulan polas estradas. Pola cantidade de obras en rúas, prazas e beirarrúas que hai a un mes das eleccións. Di Xulio que se houbese unhas eleccións cada mes acadaríamos o pleno emprego. Seguir lendo Campaña de descrédito
A santa educación
Francisco Ant. Vidal Blanco. Xulio está convencido de que moitos dos nosos ministros celebrarían con misa solemne e unha semana de xaxún que as aulas da universidade se instalasen nas bancadas das catedrais, e nas igrexiñas rurais as escolas de primeiras letras, que o púlpito fose a cátedra desde a que nada se pode negar e os cregos, funcionarios do Ministerio de Educación. E descríbenos o dedo acusador percorrendo as distintas iconas do templo para explicar como a xustiza se ceba no xuízo final para xustificar as inxustizas de cada día ou como ser pobre é un mérito do que só se goza tras o paso polo cadaleito. Seguir lendo A santa educación