Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco

Venus e Diana

Venus e Diana (1)Francisco Ant. Vidal Blanco. Este repaso que periodicamente facemos polas salas de arte, saio coa dúbida da beleza metida na cabeza, e non creo eu que tal dúbida se poida achacar ós efectos primaverais como se fose un adolescente latando a clase. É certo que a beleza non ten definición clara e non só troca o seu concepto con cada opinante, senón tamén con cada época. E se ben Venus e Apolo son os prototipos que sempre se citan como exemplo do sublime, da perfección e ata da proporción idónea, eu hei confesar que sempre estiven engaiolado cun Neptuno entrado en anos que se conserva no museo nacional de Atenas. Seguir lendo Venus e Diana

O banquete de Epulón

epulonFrancisco Ant. Vidal Blanco. A que está considerada como a catedral máis antiga da península, e tal vez da cristiandade, é san Martín, no concello de Foz, a primitiva Se que, despois de sufrir o acoso normando durante décadas, decidiu trasladarse ó actual emprazamento de Mondoñedo. Pero alí aínda continúa, non tan lonxe do mar, o magnífico edificio soportado por xigantescos contrafortes na ábsida e conservando no seu interior o marabilloso retablo pétreo de múltiples lecturas, así como o sarcófago dun bispo que afundía naves normandas a base de axeonllarse e rezar un Painoso. Seguir lendo O banquete de Epulón

Personalismo

personalismoFrancisco Ant. Vidal Blanco. Toño non é do Dépor, a pesar de que na entrada da casa, onde todos temos un espello, el ten o escudo do equipo. E non o é, a pesar de que onde todos temos unha lámina cunha paisaxe alpina el ten a camiseta do dianteiro que lle marcou un gol a non sei quen nin sei cando. E segue non sendo do Dépor a pesar de que no chineiro, onde todos temos as nosas fotos familiares e o lugar reservado para lembrar ós ausentes, el ten o seu retrato co anterior presidente do club. Toño non é do Dépor, Toño é de Lendoiro, que non é o mesmo. Seguir lendo Personalismo

O poder real

poder realFrancisco Ant. Vidal Blanco. Certo que moitas veces coa sobre información chégannos noticias que nos custa crer e temos que tomalas como argucia do diaño que só os benfeitores gobernantes ou o tempo que todo o cura poderán remediar. E con esa sobredose de información veñen acusacións e remedios preventivos, apocalipses, xéneses e éxodos que deixan a uns por mentireiros e a outros por salvadores mentres os de a pé sofren as consecuencias. Seguir lendo O poder real