Arquivo da categoría: Alberto Piñeiro

Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (III)

Humboldt 3aAlberto Piñeiro. Cando regresamos á cabana celebramos con ron e unha partida de dominó o feito de ter atopado a pousada La Fortaleza. E pensei para min no distintas que deberon ser as noites que Humboldt pasou naquel “río de esquíos”, que é o que significa “Caripe” en lingua chaima, mentres divagaba sobre as conversas que había ter co inseparable Aimé Bonpland, naturalista e médico francés co que completaría a súa aventura polo continente americano no ano 1804. Seguir lendo Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (III)

Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (II)

Humboldt 2aAlberto Piñeiro. Xantamos a carón do mar, nun posto de empanadas no que eliximos as de cazón ou quenlla vitamínica, que Lore e mais eu regamos con zume de parchita e meus cuñados con papelón. Ao rematar, puxemos rumbo a Cariaco, coa intención de facer unha parada vespertina nas Augas de Moisés, un balneario que conta cun pequeno zoolóxico, áreas para facer grella, case unha ducia de piscinas ou estanques de considerables dimensións, agradables zonas de xardíns e palmas e mesmo un hipódromo. Seguir lendo Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (II)

Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (I)

Humboldt 1aAlberto Piñeiro. A finais do mes de febreiro do ano 2013, aproveitando uns días de vacacións que fixemos coincidir meus cuñados Marcos, Adriana e Giovanni e mais nós, o matrimonio Piñeiro Morao, decidimos poñer rumbo á Cova do Guácharo, rememorando unha parte da viaxe que había máis de douscentos anos realizara Alexander von Humboldt polo novo mundo, nun percorrido que comezou na Capitanía Xeral de Venezuela e que comprendeu, ademais, partes das actuais Colombia, Ecuador, Perú, México, Cuba e os Estados Unidos. Seguir lendo Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (I)

Un barbancés na Gran Sabana (VIII)

cap 8aAlberto Piñeiro. Co sol mergullándose no horizonte, cruzamos de novo a “raia” e regresamos ao hotel. Ceamos algo das sobras do mediodía e prendemos o felizmente activo aire acondicionado mentres organizamos a ruta da xornada seguinte: levantariámonos tarde, entendendo por tarde non máis alá das oito da mañá, almorzariamos co amigo Silverio, co que entrariamos na Casa dos Cristais Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (VIII)