Fidel Vidal. A historia amósanos un catálogo variado de mostachos que funcionan como auténticos identifi-cadores persoais. Lembremos os de Stalin ou Pancho Villa, e os gloriosos de Nietzsche, Flaubert e Mark Twain; e bigotes espectaculares estilo Dalí, ou ridículos coma o de Hitler; de respecto sen estriden-cias, Pessoa, Joyce, Faulkner, ou rotundos sen presunción como Freddy Mercury. O cine tamén conta cunha longa lista: Fu Manchú, Charlot, Groucho Marx, Cantinflas, Clark Gable, Errol Flynn ou Charles Bronson. Seguir lendo O bigote de Menjou
Arquivo da categoría: Cine
A aldea na selva, de Leonard Woolf e a novela colonial britânica
Alberte Pagán. Quiçá a obra mais conhecida da literatura colonial britânica seja a Passage para a Índia (1924) de E. M. Foster, que tira o seu título do poema homônimo de Walt Whitman. Nela, umha moça inglesa de visita na Índia acusa de assalto sexual a um médico índio que a acompanha numha excursom. Esta falsa denúncia desencadea os prejuízos e rompe as frágeis relaçons raciais entre a cidadania índia e os colonizadores britânicos. Porém, a crítica política está ausente e a novela nom é quem de condenar o imperialismo do Reino Unido. No ano da publicaçom de Passage para a Índia George Orwell servia como polícia na Birmânia, daquela integrada administrativamente na Índia ocupada.
Seguir lendo A aldea na selva, de Leonard Woolf e a novela colonial britânica
Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee
Ignacio Castro Rey. A película de Lee comeza cun mozo túzaro que traballa nunha granxa familiar cravada nunha paisaxe desolada do norte de Inglaterra. Roña, animais de parto, frío, vellos aldeáns, traballo sen termo. Algunhas noites, para desesperación do seu pai e a súa avoa, Johnny desafógase nunha taberna da vila máis próxima, onde bebe ata o vómito e ten sórdidos encontros homosexuais. A nación que foi tan puritana neste aspecto, segue obrigando os “sodomitas” a breves encontros clandestinos. Seguir lendo Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee
Unha historia de amor e escuridade, de Natalie Portman
Inés Otero. Esta orixinal película, baseada na novela de Amoz Oz publicada co mesmo título e traducida a 28 idiomas, conta a traumática mocidade do escritor xudeu durante a época do Mandato británico en Palestina e os primeiros anos do Estado de Israel. Unha vida arrepiante por culpa das circunstancias que arrodearon o suicidio da súa nai (cando a vida non logrou cumprir as promesas da mocidade, miña nai comezou a concibir a morte como un soño protector e relaxante). Un tráxico acontecemento que se convertería nunha sombra impertinente na vida do autor de A caixa negra. Unha historia de amor e escuridade (2016) está ambientada no casco histórico de Xerusalén, onde el viviu nu apartamento ateigado de libros en dez idiomas Seguir lendo Unha historia de amor e escuridade, de Natalie Portman