Xerardo AgraFoxo. No ano 1942 un comando de paracaidistas checos aterrou en Bohemia coa misión de matar a Reinhard Heyndrich, o oficial das SS enviado por Hitler para controlar Checoslovaquia. Reinhard, coñecido como o “carniceiro de Praga” despois de matar a máis de 5000 checos, era un dos artífices da “solución final” e o terceiro home do Reich despois do Führer e Heinrich Himmler. Ademais de matar a milleiros de xudeus, enviou a máis de 50.000 ao campo de concentración de Terezin e ordenou a deportación doutros 100.000. A Operación Antropoide, apoiada por Winston Churchill, tamén tiña como obxectivo subir a moral do pobo checo. O atentado tivo lugar o 27 de maio de 1942. Seguir lendo Operación Anthropoid, de Sean Ellis
Arquivo da categoría: Cine
Loving, de Jeff Nichols
Xerardo AgraFoxo. No ano 1966 Ernesto Miranda, un indixente sen estudos de Arizona, foi acusado do rapto e violación dunha moza de dezaoito anos aínda que o fiscal só ofreceu como proba de cargo a súa confesión. O caso adquiriu tal notoriedade que foi elevado á Corte Suprema que, nun fallo que faría historia (Miranda contra Arizona), considerou que a sentenza era inadmisible porque a Quinta Emenda da Constitución dos Estados Unidos garante a calquera detido poder gardar silencio ademais de ter dereito á asistencia dun avogado. Nacía a Advertencia Miranda. Seguir lendo Loving, de Jeff Nichols
A Quiet Passion, de Terence Davis
Xerardo AgraFoxo. Esta é unha película de Terence Davis (Liverpool, 1945), o mesmo director de The Deep Blue Sea (2011) e Sunset Song (2015), o gran clásico da literatura escocesa. Neste caso conta a historia da gran poetisa norteamericana Emily Dickinson (1830-1886), que, despois dun trauma emocional padecido cando era una cativa, se recluíu na casa dos seus pais en Amherst (Massachusetss), onde viviu coma una refuxiada, retirándose da vida social. A película desenvólvese na súa totalidade ao redor da casa familiar onde se mostrou como unha muller dunha extraordinaria intelixencia e alta sensibilidade, pero tamén unha persoa mordaz e desafortunada. Seguir lendo A Quiet Passion, de Terence Davis
O editor de libros, de Michael Grandage
Inés Otero. Esta é unha película sobre Maxwell Perkins, o editor norteamericano que consideraba que a literatura era una cuestión de vida ou morte. Max Perkins tamén é o home que, despois de estudar na universidade de Harvard, fundou a editorial Scribner, a mesma que publicou os primei-ros libros de Henry James e Edith Wharton, mellorou as páxinas dalgunhas novelas de Ernest Hemingway, como Adeus ás armas, e publicou as dúas mellores obras dun tal Scott Fitzgerald, A este lado do paraíso e O gran Gatsby, un mozo saído de Princeton con algunhas gotas de alcohol nas súas veas. Seguir lendo O editor de libros, de Michael Grandage