Operación Anthropoid, de Sean Ellis

anthropoid-688630298-largeXerardo AgraFoxo. No ano 1942 un comando de paracaidistas checos aterrou en Bohemia coa misión de matar a Reinhard Heyndrich, o oficial das SS enviado por Hitler para controlar Checoslovaquia. Reinhard, coñecido como o “carniceiro de Praga” despois de matar a máis de 5000 checos, era un dos artífices da “solución final” e o terceiro home do Reich despois do Führer e Heinrich Himmler. Ademais de matar a milleiros de xudeus, enviou a máis de 50.000 ao campo de concentración de Terezin e ordenou a deportación doutros 100.000. A Operación Antropoide, apoiada por Winston Churchill,  tamén tiña  como obxectivo subir a moral do pobo checo. O atentado tivo lugar  o 27 de maio de 1942. Heyndrich morreu uns días máis tarde e foi soterrado coas máximas honras do nazismo. As pescudas das SS axiña deron co paradoiro dos milicianos, agochados na igrexa de san Cirilo e san Metodio que foi cercada por un exército de 600 homes. operacion-anthropoid-fotocromos-08A maioría dos refuxiados preferiron suicidarse e a vila de Lidice, unha das más activas contra a ocupación nazi,  sufriu unha represalia brutal: fusilaron todos os homes, as mulleres quedaron confinadas en Ravensbrück e os nenos  foron “arianizados” ou levados ao lager de Chelmo.

Operación Anthropoide (2016), de San Elllis, reconstrúe este acontecemento histórico da Segunda Guerra Mundial cun ritmo vibrante e un tratamento eficaz das secuencias cinematográficas. Sobre o “carniceiro de Praga” tamén publicou o escritor francés Laurent Binet unha curiosa biografía titulada HHhH (2010).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *