Arquivo da categoría: Cine

Colonia, de Florian Gallenberger

coloniaInés Otero. O argumento desta película, baseada en feitos reais sucedidos no Cono Sur americano, é o seguinte: unha  parella alemá, a azafata de voo Lena (Emma Watson) e o artista Daniel (Daniel Brühl), vense encerellados no golpe de Estado de Chile no ano 1973 contra Salvador Allende. Cando el é secuestrado pola policía secreta de Pinochet, ela, logo dunhas pescudas iniciais,  seguirá as súas pegadas ata un afastado lugar do sur do país coñecido como Colonia Dignidade. Un centro que semella unha misión de caridade, pero que agocha un campo de internamento apoiado polos servizos secretos alemáns, dirixido por un nazi, Paul Schäfer (Michael Nyqvist). Seguir lendo Colonia, de Florian Gallenberger

A estación das mulleres, de Leena Yadav

parched-568174837-largeXerardo AgraFoxo. A historia desta fermosa película está ambientada nunha aldea da India máis rural, onde catro mulleres novas loitan contra as tradicións que rexen no estado de Gujarat. Ranai, que quedou viúva con 16 anos, intenta casar o seu fillo segundo as convencións do lugar. A súa mellor amiga, Lajjo, vive na amargura porque non consegue darlle un fillo ao seu home, un brután que non deixa de mallar nela. Bijli, unha bailarina e prostituta, sofre as consecuencias dunha vida sen sentido, onde a súa beleza e carácter lle provocan problemas.  A cuarta muller desta historia é Janakhi, a nora de Ranai, que casou forzada con 15 anos e non consegue esquecer o seu mozo. Seguir lendo A estación das mulleres, de Leena Yadav

A clase de esgrima, de Klaus Härö

La-clase-de-esgrimaXerardo AgraFoxo. Fuxindo do seu pasado e da policía secreta de Josef Stalin, Endek Nelis, un mestre de ximnasia, chega a Haapsalu, Estonia, para desempeñar o seu traballo nun club deportivo para cativos. Son os anos  cincuenta do pasado século e a ocupación rusa nos países bálticos está presente en todos os recunchos da vida duns habitantes que viven dentro dunha atmosfera de medo e opresión. Cando Endel esperta a admiración dos seus alumnos, o director da escola, un comisario político do réxime comunista, cismado que a esgrima é un deporte burgués e decadente, procurará indagar no seu pasado para desacreditalo diante da comunidade educativa local. Seguir lendo A clase de esgrima, de Klaus Härö