Xerardo AgraFoxo. Esta película é una produción franco-india que desenvolve un drama onde se mesturan dúas historias cruzadas e ambientadas nas marxes do río Ganges e na cidade sagrada de Benarés, onde as restricións impostas pola tradición hinduístas son tan fortes que condicionan o comportamento das novas xeracións. Deepak, un estudante que reside nun arrabalde marxinal, vive un drama de consecuencias insospeitadas cando namora dunha rapaza dunha caste superior. E Devi, unha universitaria filla dun humilde vendedor nas beiras do río sagrado, sofre a perda do seu amante, acosado por uns policías intransixentes. Seguir lendo Masaan, de Neeraj Ghayan
Arquivo da categoría: Cine
Kaurismäki e Viana do Castelo

Inés Otero. Contan, non sei se será certo, que cando este director finés decidiu abandonar hai 25 anos o seu país despregou un mapa de Europa na mesa da súa cociña. E buscou un lugar axeitado onde residir porque “Finlandia é un cemiterio”, ademais do maior consu-midor do mundo de psicofármacos. Seguir lendo Kaurismäki e Viana do Castelo
Nacido en Siria, de Hernán ZIn
Xerardo AgraFoxo. Este é un excelente documental (Nominado aos Premios Goya) que ten como pano de fondo os arrepiantes estragos que está producir a guerra en Siria. Despois de máis de trescentos mil mortos e máis de catro millóns de refuxiados, despois de seis anos de dura contenda fratricida, só ocupa un lugar destacado nos nosos medios de comunicación cando se produce algún acontecemento moi determinante, como o último bombardeo que fixeron os esbirros de Bachar al-Ásaad contra a poboación civil indefensa. Un feito que sempre arrepía os dirixentes políticos occidentais. Seguir lendo Nacido en Siria, de Hernán ZIn
Neruda, de Pablo Larraín
Xerardo AgraFoxo. Pablo Larraín (Santiago de Chile, 1976), o director desta interesante película, ademais de ser fillo dun senador da extrema dereita chilena, é o autor de No (2012), nominada aos Premios Óscar, a excepcional El Club (2015), onde retrataba unha comunidade de cregos pederastas, e Jackie (2016), sobre a vida de Jacqueline Kennedy, interpretada por Natalie Portman.
O argumento de Neruda ten que ver cun episodio vinculado coa vida política deste poeta: no ano 1948 o senador Pablo Neruda acusou o goberno chileno de traizoar os comunistas. Seguir lendo Neruda, de Pablo Larraín