Masaan, de Neeraj Ghayan

masaanXerardo AgraFoxo. Esta película é una produción franco-india que desenvolve un drama onde se mesturan dúas historias cruzadas e ambientadas nas marxes do río Ganges e na cidade sagrada de Benarés, onde as restricións impostas pola tradición hinduístas son tan fortes que condicionan o comportamento das novas xeracións. Deepak, un estudante que reside nun arrabalde marxinal, vive un drama de consecuencias insospeitadas cando namora dunha rapaza dunha caste superior. E Devi, unha universitaria filla dun humilde vendedor nas beiras do río sagrado, sofre a perda do seu amante, acosado por uns policías intransixentes.

Cada historia, incluída a dos seus familiares máis próximos, que responden con diferentes comportamentos ás traxedias que padecen, é unha baixada aos infernos, onde a corrupción moral, os imperativos relixiosos, os costumes sociais e a clase política son denunciados a través dunha mensaxe tan convincente como conmovedora. Massan ( 2016) convértese deste xeito nun filme que, a partir dunha imaxes naturalistas, realiza unha denuncia social que non garda ningunha relación coas edulcorantes películas de Bollywood.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *