Occidente

telexornalX. Ricardo Losada. Teño un amigo que leva anos propoñéndose deixar de ver o telexornal sen éxito. Aínda que podería quedar como un tipo sensible dicindo que non aguanta tantas atrocidades e inxustizas, o que de verdade o irrita, segundo el mesmo recoñece, é comprobar que non lle afectan máis alá dunha empatía fugaz ou dun remorso retórico. Calquera pequeno contratempo caseiro (o teclado do ordenador quedou sen pila, por exemplo) irrítao máis que as imaxes da guerra en Siria ou dos terremotos en Italia. E, por moito que lle digan, non cre ser unha excepción. Se nos afectasen todos os males do mundo como nos afectan os das persoas máis próximas, dime, estariamos todo o día chorando e, nin como individuos nin como especie, sobreviviriamos.  

     Pero sendo iso certo, tamén o é que moitas veces, vendo o telexornal, ese meu amigo recorda un diálogo de  Beckett. Un cliente di: “Deus fixo o mundo en seis días e ti non fuches quen de facer un pantalón en seis meses”. E o xastre contesta: “Pero mira como está o mundo, e mira como está o pantalón”. Así é. Nas noticias comprobamos que Deus confeccionou un traxe do mundo de moi baixa calidade. Ou que confeccionou un traxe do mundo de gran calidade, pero, como dixo alguén dos humanos, se a partir dos corenta, te levantas pola mañá sen ningún tipo de dor, é que estás morto. Se o traxe do mundo ten miles de millóns de anos, e está vivo, moi vivo, como comprobamos acotío nos telexornais, puntualiza o meu amigo, é lóxico que se levante pola mañá con dores cada vez máis variados e insoportables.

tierra-contaminada     Cae de caixón, xa que logo, di el, que as dores do mundo irán a máis e que, correlativamente, tamén aumentarán as malas noticias nos telexornais. E tendo en conta que os telexornais buscan aumentar a audiencia, tamén é evidente, teima o meu amigo, que os telespectadores preferimos as malas noticias ás boas, e canto máis malas, máis nos interesan. Teresa de Calcuta nunca será rival de audiencia para Jack o destripador. Hai moitas causas que o explican, pero o meu amigo cre que, na maioría dos casos, a máis decisiva é o pracer que sentimos sabendo que iso tan malo que conta o telexornal non nos pasou a nós. Pode que Deus fixese moi mal o traxe do mundo, ha de pensar o noso inconsciente, pero fixo tan ben o noso que nin se mancha nin se engurra nun inmenso vertedoiro de lixo e inmundicia.

2 comentarios en “Occidente

  1. O meu amigo está paranoico con Europa. Cre que temos a cultura política máis preocupada por cuestións morais de todo o planeta e, ao mesmo tempo, somos os que máis nos flaxelamos, e, na maioría dos casos, dunha forma bastante hipócrita. Cre que iso pode debilitarnos fronte aos outros imperios cos que competimos (Rusia, Islamismo, China, EEUU), pois teñen as cousas moi claras e os obxectivos moi definidos. Pero, ao mesmo tempo, sabe que non podemos baixar os brazos. Hai moitos poderes económicos interesados en que separemos a política da moral, e iso sería un suicidio. Xa que logo… segue vendo os telexornais.
    Beckett e Cantinflas. Xenial!!!!!!!!!!
    Apertas rianxeiras

  2. Querido profesor:
    Tu amigo, al reconocer que las desdichas ajenas no le afectan más allá de un pequeño sentimiento emocional, es reconocer ya, que existe ese pequeño sentimiento. Por tanto, sí, le afectan. Aunque también es verdad, que ese sentimiento es muy diferente cuando nos toca directamente en nuestro círculo familiar o en el entorno amistoso. Efectivamente, no sobreviviríamos si la pena fuese igual la propia que la ajena.
    Cuándo es directa, hay muchos factores que te impiden vivir con normalidad. Cuando no toca directamente, la circunstancia es efímera. Lo sientes, te apena, pero tu vida sigue siendo igual que la del día anterior. Afortunadamente.
    Estoy totalmente de acuerdo de que lo malo vende. Aguzamos más el oído cuando escuchamos una mala noticia, que cuándo recibe el Premio Nobel, el merecedor de tal galardón.
    Lo de Beckett y el cliente me recordó aquella película de Cantinflas en la que hacía de sastre. Cuando el cliente llegó a probar el traje y una pernera le quedaba más arriba del tobillo le preguntó. ” ¿ Por qué una pierna es quince centímetros más pequeña que la otra ? ” Y él, con su peculiar voz contestó. ” Mire usté mihijito, es que una dio de sí, y otra dio de no” .
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *