Xerardo AgraFoxo. Esta película está baseada nunha colección de relatos de Albert Camus recollidos baixo o título de O exilio e o reino, publicados no ano 1957, meses despois de recibir o Premio Nobel de Literatura. E cunha temática tan camussiana –o home ante o destino e o poder sen sentido moral– que semella que o protagonista está tirado dunha das novelas máis salientables do autor, O home rebelde, ou dalgunha das súas obras dramáticas, como O malentendido. Na Alxeria do ano 1954, no medio dun duro inverno, Daru (Viggo Mortensen), un mestre pied noir, acepta de mala gaña escoltar a Mohamed (Reda Kateb), un labrego acusado de matar un curmán, a través das montañas para que se enfronte a un xuízo ante as autoridades coloniais. Seguir lendo Lonxe dos homes, de David Oelhofen
Arquivo da categoría: Cine
Meus fillos, de Eran Riklis
Xerardo AgraFoxo. Esta película pon o seu foco de atención no eterno conflito que se vive en Palestina. Un punto de vista a partir dunha realidade estatística evidente: os árabes representan o 20% da poboación de Israel. E unha idea do director: “A xente non se fía dos árabes, ódiaos, están en contra nosa; tamén hai falta de coñecemento, que leva aos prexuízos e á violencia; e o mesmo sucede ao revés, en cómo ese 20% ve os xudeus israelitas”.
O argumento de Meus fillos (2014) céntrase na historia de Eyad un mozo palestino tan brillante nos seus estudos que consegue unha bolsa para estudar nun prestixioso colexio xudeu de Xerusalén. Seguir lendo Meus fillos, de Eran Riklis
O botón de nácara, de Patricio Guzmán
Xerardo AgraFoxo. Jimmy Button foi o nativo de etnia yagán que comprou Robert Fitz-Roy, comandante do Beagle, por un botón de nácara durante a súa viaxe pola Patagonia chilena. Tiña catorce anos, levouno ata Inglaterra e, logo de presentarllo ao rei William IV, regresou a súa terra natal. Moitos anos despois, uns arqueólogos submarinos descubriron nas súas costas as trabes de ferro empregadas pola ditadura para fundir no Pacífico –cando era un cemiterio– máis de 1.400 opositores. Nunha delas atoparon un botón de nácara, a única pegada do defunto. Esta curiosa revelación foi aproveitada por Patricio Guzmán (1941) para artellar este documental. Seguir lendo O botón de nácara, de Patricio Guzmán
O carteiro das noites brancas, de Andrei Konchalovsky
Xerardo Agrafoxo. Esta película conta a vida dunha comunidade que vive a carón dun lago situado nunha fronteira da xeografía rusa. A súa vida semella que non mudou nos últimos decenios. Cada familia vive no territorio da supervivencia, sempre á espreita de quen se achega ás súas casas. Todos están atentos a unha televisión decadente e, sobre todo, pendentes das “noticias” que lles trae o carteiro coa súa barca motorizada. El é fío condutor de cada unha das historias que se revelan ante os nosos ollos cun ritmo tan pausado que semella que estamos vendo un documental con intencións antropolóxicas. Seguir lendo O carteiro das noites brancas, de Andrei Konchalovsky