Xerardo AgraFoxo. Despois dos éxitos cinematográficos de Fresa y Chocolate (1994) e de Guantanamera (1995), as dúas películas dirixidas por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío, e que tantos problemas lles ocasionou a algúns dirixentes da nomenclatura cubana por culpa das acerbas críticas que recibiron do seu Líder Máximo, chega agora ás nosas pantallas Conducta, de Ernesto Daranas, un filme “multipremiado” e unha obra que vai polo mesmo camiño que as dúas anteriores coas que conserva semellanzas no que se refire ao tratamento de certos temas incómodos dentro da sociedade cubana. Seguir lendo Conducta, de Ernesto Daranas
Arquivo da categoría: Cine
Timbuktú, de Abderrahmane Sissakko
Xerardo AgraFoxo. Esta película mauritana, baseada en feitos reais, conta a historia duns personaxes reprimidos por extremistas relixiosos na cidade de Tombouctú. O protagonista, Kidane, vive coa súa muller, Satima, e a súa filla Toya, nunha haima cinguida por un mar de dunas e a carón dun río que alimenta o seu gando, coidado por un neno chamado Issam. Pero este ambiente de paz e acougo é esnaquizado pola presenza dun grupo de yihadistas que intentan impoñer a sharía pola forza das armas. Non só prohiben o fútbol e a música, tamén rir e fumar. Cada día o seu terror é máis evidente: as mulleres perden a súa dignidade e os homes vense acosados polos tribunais islámicos. Seguir lendo Timbuktú, de Abderrahmane Sissakko
Rebecca e Down
Agustín Agra. Este día, folleando o xornal El País, din de fociños cun artigo sobre Arthur Miller, de quen se cumpre este ano o centenario do nacemento. Se para min o nome do dramaturgo cobra sentido non é por Morte dun viaxante –a narración do fracaso do soño americano personificado en Willy Leman, levada á gran pantalla por Elia Kazan–, senón polo guión do filme The misfits, os inadaptados, aquí traducido como Vidas rebeldes. Teño gozado asemade con moitas películas do realizador John Huston, dende O falcón maltés e Caio longo, pasando por A xungla de asfalto e A raíña de África, ata O home que quería reinar e Dublineses –a maxistral adaptación do relato Os mortos de Joyce–; moitas horas xa que logo de gozoso lecer na súa compaña. Seguir lendo Rebecca e Down
Kôbô Abe e o cinema

Alberte Pagán. Cheguei à literatura de Kôbô Abe atravês do cinema de Hiroshi Teshigahara. A sua película Suna no onna (A mulher das dunas, 1963) impressionara-me pola força das images e o alcance surrealista e kafkiano do relato. Quando anos despois adquirim, na ilha de Moçambique, a novela na que se basea, pudem comprovar a energia dum grande novelista: Kôbô Abe sabe combinar surrealismo e realidade, fantasia e crítica social, narraçom e filosofia, Beckett e Kafka, dum jeito único. Seguir lendo Kôbô Abe e o cinema