Arquivo da categoría: Cine

Tangerines, de Zaza Urushadze

tangerines-posterAntón Riveiro Coello. Esta coprodución estoniana-xeorxiana amosa o encontro cultural entre dous países que hai tempo recuperaron a independencia da Unión Soviética. Está ambientada na guerra de Abjazia (1992-93) e amosa o conflito entre chechenos e xeorxianos. Pero a película céntrase en Ivo, un carpinteiro estoniano que vive nunha aldea canda o seu amigo Margus, que se dedica á recolleita de mandarinas, e ambos os dous, xunta o médico da aldea deciden quedar e seguir facendo vida normal durante a guerra e diante do abraio dos milicianos que se enfrontan entre eles. Un día, despois dunha incursión sanguenta, estes estonianos socorren a dous combatentes inimigos entre si, un checheno e un xeorxiano, e lévanos para a casa de Ivo, onde comeza unha difícil convivencia. Seguir lendo Tangerines, de Zaza Urushadze →

50 sombras de Grey

greyGonzalo Trasbach. Ela chámase Anastasia Steele (Dakota Johnson). Estudante de literatura que ademais nas horas libres traballa nunha ferraxaría. El é Christian Grey (Jamie Dornan). Guapo e multimillonario. Teno todo, pero tamén un lado escuro: unha tendencia sado sexual. Ela atópase co macizo Chris por azar. Tras caer enferma a súa compañeira de piso, esta pídelle que a substitúa para ir entrevistalo. Acode así por vez primeira ao edificio Grey  House, que, casualidade?, xa ten forma fálica, e é onde traballa e vive o protagonista. Seguir lendo 50 sombras de Grey →

Dans la maison

dans la maisonMaría Xesús Blanco. Gocei moito a visión da película francesa Dans la maison (En la casa, 2012) do recoñecido director francés Francois Ozon. Galardoada con varios premios, como a Concha de Ouro na 60 edición do Festival de Cine de San Sebastián ou o Premio Cine Europeo 2012 ao mellor guión, interpreta unha historia brillante baseada na obra de teatro El chico de la última fila de Juan Mayorga. O argumento arrinca nun instituto francés onde un profesor de literatura, frustrado pola falta de interese dos seus alumnos e desencantado da vida en xeral, comeza a sentir curiosidade e fascinación pola habilidade para contar historias dun alumno solitario e pouco comunicativo. Seguir lendo Dans la maison →