Gonzalo Trasbach. Parece este un bo momento para dedicarlle un pouco de atención a Pier Paolo Pasolini (Bolonia, 1922-Roma, 1975). O escritor italiano está de actualidade, non só pola vixencia de moitas das súas ideas (por exemplo, polas súas desapiadadas críticas contra a sociedade de consumo), senón tamén polo seu fondo compromiso vital e artístico coa autenticidade. Para comezar, como é Semana Santa, e agora que o mundo está en mans dunha tropa fanática que se declara cristiá dun ou doutro signo, posiblemente resulte moi saudábel ver de novo El evangelio según san Mateo, un filme que cando se estreou (1964) provocou un monumental escándalo. Seguir lendo Vixencia e actualidade de Pier Paolo Pasolini
Arquivo da categoría: Cine
Gloria, de Sebastián Lelio
Antón Riveiro Coello. Tiña moita curiosidade por ver esta película chilena, premiada nos festivais de Cannes, San Sebastián, Locarno e Berlín, onde a súa protagonista, Paulina García, apañou o Oso de Prata á mellor actriz. A película, que tamén foi nominada por Chile para optar aos Óscars ao mellor film estranxeiro, viña precedida por un importante éxito de crítica e público e as miñas prevencións non eran outras que as de ver unha nova proposta que viña alén do Atlántico, desta volta coa sinatura de Sebastian Lelio. E confeso que esta proposta atrapoume pola súa tensión e unha intelixencia fóra do común. Seguir lendo Gloria, de Sebastián Lelio
Nuovo Cinema Paradiso
Mariña Pérez Rei. O plató é inmenso. Sen límites, para sermos exactos. Os actores e as actrices pisan o escenario nerviosos. Hai certa emoción nos tacóns novos sobre as táboas. Preparan o seu texto, melloran a dicción, ensaian poses para un posible primeiro plano. Elixen a mellor cámara para o seu perfil, o ton de voz máis axeitado ao seu papel. O elenco vai medrando a medida que avanza o día e se converte en espectáculo. Seguir lendo Nuovo Cinema Paradiso
Her, de Spike Jonze
J. Carou. Cando o destino nos alcance, que non sexa por casualidade. O último filme de Spike Jonze revela información relevante para cifrar ata que punto poden asfixiar as soidades futuras. Individuos aillados, incomunicados entre a multitude, en cosmópoles non moi afastadas arquitectonicamente das actuais New York, Shangai ou Yakarta. Seres humanos complexos no seu desenvolvemento funcional en canto cidadáns-autómatas que soportan secretamente frustracións e devastadoras secuencialidades de fracasos emocionais. Nada novo, nada alleo á perda do paraíso terreal contemporáneo. Só imos uns instante por detrás da realidade que amosa Her. Humanos vulnerabeis, dinastas racionais, tecnócratas incapaces de valerse afectivamente. Seguir lendo Her, de Spike Jonze