Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Moral e redes sociais

c22f978105f4295bcd7e01717a56785fFidel Vidal. Caer nas redes supón ser alcanzado por un tecido que nos vai reter. Sen embargo, como acontece coas redes eléctricas, para nos evitar males maiores, é necesario “facer masa”, e no caso que nos atinxe, “facerse masa”. Situación onde cada un de nós conta unicamente como masa, ocasión para sermos neutralizados na mesma, ao ensumir nela toda enerxía social e política. Seguir lendo Moral e redes sociais

Touros en Ribeira

150px-Pasepecho_Cordobes_croppedFidel Vidal. En Ribeira, que eu recorde, xamais se viu unha corrida de touros. Os afeccionados a semellantes eventos, para satisfaceren os anhelos e celebrar, en vivo e en directo, a morte dun touro pola espada dun matador, previamente amansado chimpándolle un par de sacos de area segundo vai polo corredor e, xa na praza, un picador a lanzadas para despois marealo con capote e muleta, acudían a Pontevedra pola Peregrina, ou a Noia polo San Marcos. Non contando con praza axeitada, sexa esta fixa ou portátil, o que si había en Ribeira era unha “Peña” de afeccionados que idolatraban -non sei se esta é a expresión correcta- Seguir lendo Touros en Ribeira

Sílabas da peste, de Lupe Gómez

silabasFidel Vidal. Entrar nunha obra de Lupe Gómez é mergullarse nun mundo ateigado de palabras e de imaxes, nun espazo fantástico asentado na terra, nas paisaxes lingüísticas e no camiñar por rúas ancestrais. Así volve acontecer con Sílabas da peste (Deputación da Coruña, Premio “Miguel González Garcés”, 2020), que vén de ser publicado en edición bilingüe co título Silabario de la peste (insensata, 2021), no que volvemos renacer en cada liña como cativos regresando da escola. Maiormente creado durante o encerro da pandemia (Ningunha pandemia poderá roubar o camiño das estrelas, p. 35; Teño a impresión de que levo un século encerrada na casa dos ollos grandes, p. 74 Seguir lendo Sílabas da peste, de Lupe Gómez