Fidel Vidal. O pai biolóxico non existe. O argumento do sangue (especialmente socorrido en termos xudiciais) non é válido porque non é un argumento: é lei. Se algo abonda no ámbito biolóxico son o denominados proxenitores. A relación sexual xenital debería establecer unha conexión co gozo e non coa procreación. A certeza da relación entre coito e embarazo foi tardío na historia do home. Seguir lendo O pai verdadeiro
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
O enigma da Esfinxe
Fidel Vidal. A Esfinxe, metade humana e metade fera, é un enigma en si mesma: a parte superior corresponde a unha muller con peitos prominentes, e a inferior a un león con ameazantes garras. “É un símbolo ao mesmo tempo da boa nai nutricia e da mala nai destrutiva. Simboliza o medo do neno a que, posto que el desexa devorar a súa nai para que sexa toda súa e nunca poida abandonalo (unha idea coas orixes no feito de que o neno come a nai cando esta o aleita), ela á súa vez desquítase devorándoo a el” (B. Betthelheim). Seguir lendo O enigma da Esfinxe
O Edipo de Sófocles
Fidel Vidal. A historia de Edipo comeza no criminal e severo trauma (físico e psicolóxico) dun neno a mans de quen debería protexelo e coidalo: o seu pai e a súa nai (biolóxicos). O neno Edipo –nacido de Laio e Iocasta, rei e raíña de Tebas, advertidos polo oráculo de que o seu fillo está destinado a matar o seu propio pai-, é mutilado atravesándolle os pés cun cravo coa intención de o asasinar. Salvado por un pastor, posteriormente foi criado polo rei e pola raíña de Corinto aos que considera os seus verdadeiros pais. E son en realidade os seus verdadeiros pais; os outros só o concibiron: o feito de ser xenitor(a) non configura unha paternidade, nin sequera unha maternidade. Mais alguén fai dubidar a Edipo sobre o seu futuro e consúltao no Oráculo de Delfos. Seguir lendo O Edipo de Sófocles
Sobre a morte do pai
Fidel Vidal. Dáse por suposto que os pais queren aos fillos, e que os queren por un igual, do mesmo xeito que os fillos, en simetría, tamén a eles, e non saben que responder se lles preguntan: a quen queres máis, a papá ou a mamá? Unha idea, a da “igualdade”, aplicada polo cristianismo, desde a óptica divina, a todos os seres humanos. Seguir lendo Sobre a morte do pai