Fidel Videl. O interese desta achega pretende non tanto entender o Edipo como complexo senón comprender a Edipo como home, e así acadar un mellor entendemento e, se cabe, máis claridade sobre o coñecido complexo. Estaba ben lonxe Sófocles da que lle ía armar Freud ao pobre Edipo co seu complicado nó arredor do falo Seguir lendo Tres (ou catro) obras e un complexo
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Breves como fotos, outro convite de Berger (II)
Fidel Vidal. A morte (“dominio de Deus”) vén acuñada no primeiro trato xenético como inherente á vida e na que, agás en determinados momentos, non pensamos. Levámola connosco sen decatármonos. Pertence exclusivamente a cada un de nós. Intransferible, malia os desexos dalgúns por ocuparen o lugar (a morte) doutros, en especial os seres mais queridos. “A morte de un é xa de un mesmo. Non pertence a ningún outro, nin tan sequera ao asasino. Isto quer dicir que forma parte da propia vida desde o comezo.” (J. Berger, páx. 34). Seguir lendo Breves como fotos, outro convite de Berger (II)
Breves como fotos, outro convite de Berger (I)
Fidel Vidal. Dividida en dúas partes que tratan do tempo e do espazo (1/Unha vez, 2/ Aquí), a obra E os nosos rostros, a miña vida, breves como fotos, de John Berger (Blume, 1986), supón, segundo algúns autores, a culminación deste orixinal e comprometido escritor. Entre esperanzadas e profundas reflexións ás que nos convida Berger, onde o mesmo nos ofrece uns poemas seus que analiza a obra de Van Gogh ou de Caravaggio (“Unha noite na cama preguntáchesme polo meu pintor favorito. Dubidei, intentando dar coa resposta menos deliberada, máis sincera. Caravaggio. A miña propia resposta sorprendeume” (páx. 82), ou pregúntase polo amor: “Que é o que me leva a amar?”, “canto tempo significa para sempre?” Seguir lendo Breves como fotos, outro convite de Berger (I)
Amor sempre humano
Fidel Vidal. No século XVIII, a nova abadesa do convento de dominicas de Santa Catalina de Prato recoñeceu durante un proceso que, “dado que o noso espírito é libre, só a intención converte unha acción en malvada”. Equiparaba a éxtase mística á cópula dos amantes e descubría a vida eterna e o paraíso neste mundo, na “transubstanciación da unión do home e a muller” –Amada en el amado transformada-. Gozamos a Deus a través do acto, “por medio da cooperación de home e muller”. Concluía: “A actividade á que erradamente chamamos impura é a auténtica pureza; é a pureza que Deus nos ordena e que nós, pola súa vontade, debemos practicar; sen ela non hai camiño para encontrar a Deus, que é a verdade”. (K. Deschner, Historia sexual do Cristianismo). Seguir lendo Amor sempre humano