Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Resurrección e insurrección (do suxeito)

resurreccionFidel Vidal. Resucitar, do latín resuscitare, suscitare, facer mover, devolver a vida a un suxeito. Citar, citare, chamar, convocar, propiamente, pór en movemento. Excitar, do latín excitare, espertar. Resuscitare, facer resucitar, non ten relación etimolóxica con resurrección. Esta deriva de xurdir, surgere, na acepción de se alzar (insurrección, alzamento). A resurrección, vai ser, antes que nada, un alzamento contra a morte, unha verdadeira insurrección. Seguir lendo Resurrección e insurrección (do suxeito)

Corpo e redención

resurreccionFidel Vidal. A experiencia da alma sen corpo, o arroubo, a éxtase, á que se quere chegar mediante a “contemplación”, é semellante a unha vivencia de desdobramento que se dá nos trastornos histéricos de despersonalización, como estar fóra do corpo para velo non desde dentro ou como reflectido nun espello, senón para ollalo desde a distancia, desde fóra. Saír dun mesmo e verse cara a cara en dualidade. Filiberto Fernández escribiu un libro titulado Psique sen corpo que podería dar nome a este desexo dos que consideran o corpo como un impedimento ou atranco para se achegaren á beira de Deus.    Seguir lendo Corpo e redención

Obsesión pola carne: os aparecidos

lactanciamaterna-11Fidel Vidal. Por que esa obsesión dos crentes en descarnar o espírito? Quérennos pór unha especie de condón moral para impedir a “contaminación” humana, sen pensar que, polo mesmo, impiden tamén a divina, a experiencia divina –excelsa- do amor humano. A palabra carne en español e galego, úsase para referírmonos tanto á animal como á humana e, neste caso, sen esquecer a outra carne: a da lascivia. Os franceses din chair cando se refiren á carne humana e viande no caso da carne animal, da comestible. Seguir lendo Obsesión pola carne: os aparecidos

Melopea de esposos e amantes

pound1Fidel Vidal. Da lenda “Deus é Amor” o que menos lle importa a Deus é o amor; seica está máis interesado na súa demostración. Porque non abonda con amalo, antes hai que pasar polo aro dos sacrificios para confirmalo. E dicirllo, dicirllo constan-temente, día tras día, hora tras hora, mediante cerimonias e oracións. O suposto achegamento a través da palabra, rezo tras rezo, e da palabra feita carne. Velaquí o corpo erótico. Eros é amor. Amor corporal se pretende ser espiritual. O erotismo sagrado da experiencia mística ansía unicamente que nada perturbe o suxeito. Seguir lendo Melopea de esposos e amantes