Fidel Vidal. A historia seguinte (Siruela, 2000), premiada co Aristeion europeo de Literatura e co Grinzane Cavour, relata as vivencias do profesor Mussert que ensina latín e grego, é dicir, linguas mortas ou, na boca dun dos alumnos, “morto, profesor de linguas”. A novela, de pouco máis de cen páxinas, despois de que o narrador diga que nunca tivo un interese esaxerado “pola miña propia persoa”, arranca cunha extraordinaria secuencia: “Acordei coa ridícula sensación de que talvez xa estaba morto, pero nese intre non puiden determinar se xa estaba morto de veras, se xa estivera morto, ou se pola contra non o estaba”. Seguir lendo A historia seguinte, de Cees Nooteboom
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
O lector, de Pascal Quignard
Fidel Vidal. Este singular libro, O lector (Cuatro, 2008), que Pascal Quignard entende como Relato, está formado por unha escrita fragmentaria, composta de ideas soltas, citas e comentarios de clásicos, profundas meditacións que o autor foi madurando mentres exercía como lector da editorial Gallimard, e na que viu a luz en 1976. Unha obra que convida a reflexión. Hai un narrador que trata de vostede a quen lle está a falar dun el que é o lector. “Que foi del? Ardeu? Foi devorado polos libros?” A obra ilústrase con tres imaxes en branco e negro: Interior, de Hammershoi, e as outras dúas Nai do pintor e Ancián lendo, de Rembrandt. Seguir lendo O lector, de Pascal Quignard
Onte, de Agota Kristof
Fidel Vidal. Onte, de Agota Kristof (Rinoceronte e Edhasa) -a da triloxía dos xemelgos Claus e Lucas (O gran caderno, A proba, A terceira mentira) que lle deu fama merecida como escritora sen concesións-, é unha denuncia á par que un canto á desesperación. Con trazos que lembran a propia autora (unha húngara trasladada á Suíza francófona), Onte (que podería sen un Hoxe) trata de Tobías, un fugado da súa patria e aspirante a escritor de sona, que logra traballar no estranxeiro co nome de Sandor. “Aquela porta estaba aberta e eu nunca intentara saír por ela. Por que?” Seguir lendo Onte, de Agota Kristof
A chama ardente: éxtase e gozo místico
Fidel Vidal. A éxtase, o arroubo, é unha forma especial de alienación. Un xeito singular de estar e ser fóra dun mesmo sen saír de min. Se os demais son quen de me conferiren determinadas calidades, incluso facendo unha descrición do meu carácter que eu non recoñezo como tal, sexa como for, están referíndose a min, e eu sabendo que “son eu” de quen falan (como un outro). Ese eu incompatible co eu que teño que ser, tamén son eu, pero –esténdese Sartre- metamorfoseado por un medio novo e adaptado a ese medio: “É un ser, o meu ser, pero con dimensións de ser e modalidades enteiramente novas Seguir lendo A chama ardente: éxtase e gozo místico