Fidel Vidal. Calquera expresión referida ao paso do tempo non ten sentido. Porque o tempo non pasa, é inmutable. Quen pasamos somos nós. Es ti quen pasa a través do tempo. Porque este permanece, sempre está aí, mais transformado nun suposto teórico que os homes inventaron e que necesitan para facer cálculos e contas. Tempo, dicían os estoicos, é o movemento do sol, a medición do seu percorrido. O que se mantén en todo tempo, noutro tempo e no actual, sen ser destruído, dise que é eterno. Mais non existe nada igual e indestrutible que o tempo en si: eternidade e tempo son o mesmo. Seguir lendo Poema á duración, de Peter Handke (I)
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Afrodisíacos das “Boticas Prodixiosas”, de Álvaro Cunqueiro
Fidel Vidal. Tertulia de boticas prodigiosas, é un fermoso e ilustrado libro de Álvaro Cunqueiro, editado por Destino en 1976, cunha tirada de 3000 exemplares numerados, asinados os primeiros 500 que se acompañan dun augaforte de Celedonio Perellón. Nun alarde de erudición e fantasía Cunqueiro describe múltiples elixires e singulares remedios para os máis variados padecementos. “Escribir estas páxinas, foi para o autor –dedicadas á memoria do seu señor pai, boticario na episcopal cidade de Mondoñedo-, como tomar unhas plácidas vacacións”. Seguir lendo Afrodisíacos das “Boticas Prodixiosas”, de Álvaro Cunqueiro
Paro e parados na sociedade do lixo
Fidel Vidal. As multinacionais, as guerras –incluso as exercidas por un “militarismo humanitario”-, son quen de nos amosar o Outro que hai que protexer: un Outro “bo mentres sexa vítima”. No momento en que deixa de se comportar como necesitado e quere defenderse por si mesmo, de inmediato se converte nun perigo. As fábricas que se montan nos países pobres “crean riqueza” e fanos máis libres. Seguir lendo Paro e parados na sociedade do lixo
Os cadernos do avó Mauro
Fidel Vidal. Escribe poeticamente, mesmo en prosa. Non lembro o autor destra frase pero sei que Erza Pound expresou algo semellante. Así vai a historia de amor dun adolescente contada coa voz fresca daquela idade (velaí unha gran dificultade resolta de forma maxistral e aparentemente sinxela) de Antón Riveiro Coello (A ferida do vento, Galaxia, 2016) quen, ao mesmo tempo, dános razón duns cadernos do seu avó, unha especie de arquivo onde vai apuntando os nomes e os costumes dos “aventados” da bisbarra. Ao longo da mesma non deixa de latexar a Galicia emigrante. Seguir lendo Os cadernos do avó Mauro