Fidel Vidal. Unha nova de prensa de hai uns días anunciaba a tradución de Follas Novas ao inglés pola poeta canadense Eirín Moure. A publicación en inglés de New Leaves, segundo o secretario xeral de Cultura da Xunta, nace co obxecto de contribuír a “afianzar e a espallar aínda máis a obra rosaliana no contexto internacional”. O que me deu en recordar o pouco coñecida e espallada que a obra de Rosalía de Castro se atopa en España. E lembreime de Juan Ramón Jiménez e de García Lorca, que lían, traducían e mesmo escribiron poemas en galego. Así que, xa non digo predicaran, senón tomaran exemplo moitos dos nosos concidadáns. Seguir lendo Rosalía, Curros e Juan Ramón Jiménez
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
A metáfora plástica: os obxectos de Picasso
Fidel Vidal. Hai libros dos que un garda un bo recordo tanto polo contido como pola coidada edición. De cativos, agás os tebeos, gustabamos máis dos que viñan acompañados de “santos”, é dicir, dos ilustrados. Un dos escollidos, e talvez pola querenza aos libros de “santos”, é este Picasso e os seus obxectos, de Edward Quinn, editado por H. Klickkowski, 2002, do que un bota man de vez en cando para follealo con gozo e parsimonia. Trátase dun pequeno volume dunhas oitenta páxinas de agradable tacto e trato. Seguir lendo A metáfora plástica: os obxectos de Picasso
Aviso a potenciais suicidas
Fidel Vidal. As mudanzas sempre deixan pendentes, durante un longo período de tempo, a definitiva colocación dos libros nos andeis. Unha magnífica ocasión para tropezar con textos xa esquecidos. Sucedeu coa Antoloxía de poetas suicidas (1770-1985), seleccionada por José Luis Gallero e publicada por Fugaz Ediciones Universitarias, Madrid, l989. E lembreime do poeta grego Kostas Karyotakis, e da súa singular e agoirenta forma de morrer. O poeta traballaba como funcionario. Por conflitos co xefe e como represalia, foi desprazado forzosamente a un novo destino: á localidade de Préveza, cidade na que acaba suicidándose o 20 de xullo de 1928. Seguir lendo Aviso a potenciais suicidas
Merda de artista: esa fermosa materia
Fidel Vidal. Os traballosos e instrutivos exercicios que X. Ricardo Losada tivo que pasar co obxecto de recoller unha mostra para un coprocultivo, tráeme á memoria a historia de dous artistas con referencia ás cacas, é dicir, á merda (“como residuo da alma”), perdoando as caras dos presentes. Sabemos que se trata da primeira materia con certa consistencia e olor que o ser humano ofrece ao mundo: unha obra como consecuencia de obrar, é dicir, o facer do (de) corpo. Nesta ocasión non imos entrar nos detalles que a denominada fase anal de Freud trae consigo nin nos múltiples simbolismos que as cacas amosan (“un pasteliño para mamá”). Seguir lendo Merda de artista: esa fermosa materia