Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Heidegger/Chillida e a boa letra de Jorge Guillén

el arteFidel Vidal. Martin Heidegger estaba a escribir un texto sobre a Arte e o Espazo (Die Kunst und der Raum) para o que pediu documentación de varios escultores, entre outros, Moore, Giacometti e Chillida. Un ano más tarde, Eduardo Chillida, un artista preocupado polos mesmos temas, en especial polo “espazo”, foille presentado ao filósofo no Scloss Hagenwill. Nese primeiro encontro, propiciado por Henrich Petzet e Franz Larese, Chillida decátase de que, malia poderen comunicarse en francés ou inglés, Heidegger non deixa de contestar en alemán, e acepta a intervención dun intérprete. O escultor axiña comprende a razón: Heidegger estaba preocupado por expresarse “na lingua que el coñecía mellor, na que podía dicir as cousas con todos os matices, deixando ao tradutor a responsabilidade, xa probada, de traducírnolos”. Seguir lendo Heidegger/Chillida e a boa letra de Jorge Guillén

Chillida: a lección do electricista

chillida1Fidel Vidal. En Hablando con Chillida, Martín de Ugalde (Edicións Txertoa, San Sebastián) fai un extenso percorrido pola vida e obra do escultor donostiarra desde o seu nacemento en 1924 ao 1975. Trátase dun didáctico e entretido libro de conversas, ilustrado con fotografías en branco e negro, tanto do Chillida familiar como dalgunhas das máis emblemática pezas do autor, así como do magnífico Museo Chillida Leku que, ao día de hoxe, logo dunhas infrutuosas negociacións coa Deputación de Guipúscoa, segue pechado ao público.        Seguir lendo Chillida: a lección do electricista

James Joyce, de Italo Svevo

svevoFidel Vidal. James Joyce é o título dun breve e ameno texto de pouco máis de cen páxinas editado por Argonauta. Parte dunha conferencia organizada pola revista literaria “Il Convegno” e que Svevo pronunciou en Milán no mes de marzo de 1927. Nel, o autor, Italo Svevo (pseudónimo de Ettore Schmitz) aproveita a súa sabedoría e a íntima amizade que mantivo con Joyce desde que se coñeceran en Trieste para reflexionar sobre o Ulises. Segundo Svevo o fundamental da obra de Joyce xa se atopa nos contos que conforman Dublineses. E lémbrase dos exemplares deste libro que foron queimados en 1912 polo propio editor, “por temor a reaccións locais, ao puritanismo británico e por algunha alusión á realeza”. Seguir lendo James Joyce, de Italo Svevo

Dalí como delator

un_chien_andalou_s-668822065-largeFidel Vidal. Un chien andalou (1929) é o filme aplaudido desde a súa estrea pola flor e nata do surrealismo. Nace da confluencia de dúas producións oníricas: unha de Dalí, que vira en soños unha manchea de formigas, e outra de Buñuel, na que “unha nube esgazada cortaba a lúa e unha folla de afeitar cortaba un ollo.”  “Escribimos o guión seguindo unha regra moi sinxela, adoptada de común acordo: non aceptar idea nin imaxe algunha que puidera dar lugar a unha explicación racional, psicolóxica ou cultural.”(Buñuel). Malia teren compartido unha intensa relación, os camiños de Luís Buñuel e Salvador Dalí foron distanciándose cada vez máis, tanto no ámbito persoal como ideolóxico, sobre todo desde a aparición de Gala. Seguir lendo Dalí como delator