Dalí como delator

un_chien_andalou_s-668822065-largeFidel Vidal. Un chien andalou (1929) é o filme aplaudido desde a súa estrea pola flor e nata do surrealismo. Nace da confluencia de dúas producións oníricas: unha de Dalí, que vira en soños unha manchea de formigas, e outra de Buñuel, na que “unha nube esgazada cortaba a lúa e unha folla de afeitar cortaba un ollo.”  “Escribimos o guión seguindo unha regra moi sinxela, adoptada de común acordo: non aceptar idea nin imaxe algunha que puidera dar lugar a unha explicación racional, psicolóxica ou cultural.”(Buñuel). Malia teren compartido unha intensa relación, os camiños de Luís Buñuel e Salvador Dalí foron distanciándose cada vez máis, tanto no ámbito persoal como ideolóxico, sobre todo desde a aparición de Gala. Ao respecto das discordancias, Buñuel cóntanos que Dalí durante a guerra de España “manifestou en varias ocasiones as súas simpatías polos fascistas”. Mesmo propuxo a construción dun monumento conmemorativo á Falanxe bastante extravagante. “Tratábase de fundir xuntos, confundilos, os ósos de todos os mortos da guerra. Logo, en cada quilómetro, entre Madrid e O Escorial, colocarían esqueletos feitos cos ósos verdadeiros. Estes esqueletos serían de tamaño progresivamente maior. O primeiro, á saída de Madrid, tería só uns centímetros de altura. O último, ao chegar a O Escorial, alcanzaría os tres ou catro metros.”(Luis Buñuel, Mi último suspiro. Memorias).

Un dos episodios máis graves vividos entrambos, especialmente por Buñuel, sucedeu cando este, para non pasar polo transo de ser despedido, dimitiu dun posto de traballo (grazas ao que sobrevivía) no Museo de Arte Moderno de Nova York. A cousa vén cando Dalí, no seu libro La vida secreta de Salvador Dalí, refírese a Buñuel coma o ateo por excelencia (“ateo grazas a Deus”, diría o cineasta).salvador-dali-vida-secreta-de-salvador-dali-muy-buen-est-22684-MLA20233733292_012015-O O que dá pé para que na revista cinematográfica Motion Pictures Herald aparecera un artigo onde se di que “un estraño personaxe chamado Luís Buñuel, autor dunha película resoltamente escandalosa titulada  La Edad de Oro, ostenta un alto cargo no Museo de Arte Moderno.” (Hai que sinalar que Dalí colaborara neste segundo filme de 1931, aínda que despois se distanciou da colaboración do mesmo xulgándoo de “anticlerical e irrelixioso” por culpa de Buñuel).

O representante dos católicos en Washington utilizou a súa influencia para que expulsasen a Buñuel do Museo. “Despois da miña dimisión –relata Buñuel- cito un día a Dalí no bar do Sherre Netherand. Chega, moi puntual, e pide champaña. Furioso, disposto a pegarlle unha trompada, dígolle que é un porco, que pola súa culpa estou na rúa. El respóndeme con esta frase que non esquecerei xamais:

            -Escoita, escribín ese libro para facerme un pedestal a min mesmo. Non para facercho a ti.”

                        Ladaíña:  “Contra o Cine  /  Polo Teatro” (Dalí)

 De aí que o Museo Dalí de Figueras se denomine Teatro-Museo, que ben podería axustarse a Teatro-Circo-Museo, e pasen señores, pasen! Un Teatro-Museo que incrementou a atracción turística de Figueras, máis polo espectáculo (teatro-circo) que pola pintura (museo). “Triste e esperpéntico mausoleo o do Museo de Figueras onde o ‘tabladillo’, o ouropel e a grilanda, non logran facernos recordar o misterio do que noutrora poboou a paleta deserta.” (Antonio Saura)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *