Madonna, trinta anos despois de True Blue

madonna-true_blueGonzalo Trasbach. Cando caeu a folla de xuño no calendario, fixo trinta anos que Madonna (Lusie Veronica Ciccone) se consolidou coma a nova raíña do pop a través do seu álbum True Blue, que resultou non só ser un dos mellores da vocalista norteamericana, senón que conseguiu que aquela mincha de Michigan de orixe italiano alcanzase o cume de diva do pop contemporánea e se transformase nun novo mito moderno. Alcumada como Ambición Rubia polo uso (entre o desinhibido, o irónico e o crematístico) da sexualidade para crear imaxe, a lingua afiada de víbora para as entrevistas, a mestría na manipulación dos mass media e a súa capacidade para estar constantemente “surfeando” na onda da pomada, esas habelencias non eran novas cando ela irrompeu na escena, pero poucas veces se tiñan visto xuntas con tanto poderío nun só corpo, o corpo dunha muller que cando True Blue chegou ao mercado podíase gabar de ter moitas máis capas que o proverbial galápago tanto como artista coma na súa relación coa industria.

A súa traxectoria anterior estaba marcada polo hit acadado no 1983 con Holiday, polo seu formidable debut en longo Madonna, 1983, disco que contén Lucky Star e Borderline, pero sobre todo polo que moitos consideran o seu mellor traballo: Like a Virgin (1984), onde aparece en lencería cando ninguén ousaba amosala e ademais deu un brinco até o pop sen deixar de ser dance. Like a Virgin deluxe edition by Blu3amr1can 1Se ben aínda non era unha figura mitolóxica, xa estaba colocada no Olimpo dos oitenta xunto con Michael Jackon e Prince, dous varóns afroamericanos recentemente falecidos, pero tamén dunha sexualidade máis ben ambigua.

Así pois, a Madonna de True Blue era unha moza que vira e experimentara case todo. Entre outras cousas, un ano antes casara co actor Sean Penn, formando unha parella explosiva que rebentou tras unha monumental guerra de egos. Pero tamén se embarcou nunha aventura cos Soft Cell cando xiraron polos Estados Unidos. Like a Virgen, publicado o 12 de novembro de 1984 e que contén a tan deostada Material Girl, supuxo un éxito planetario, pero ninguén se imaxinaba que a ía converter na figura pop feminina máis mítica de todos os tempos, un reinado que case dous anos máis tarde consolidou True Blue. Iso si, aínda que hoxe en día algo relegada a reina mai, só que leva a coroa tan ben posta ou mellor que todas as chamadas para ocuparlle a cadeira, pois carecen de estilo, de chicha e limoada.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *