Fidel Vidal. Ambos os dous, Pessoa e Sá-Carneiro, sufriron dentro de si unha división interior. Mário de Sá-Carneiro foi o primeiro en ser consciente desa disociación en termos poéticos. O poema “Dispersão” “assinalava já descida do eu e un labirinto interior, onde se via cindido de si: Perdi-me dentro de min / Porque eu era labirinto… Ou noutra quadra: Eu fui alguém que passou. / Serei, mas jà não sou…”. Seguir lendo O suicidio de Sá-Carneiro
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Ophelia, o Bébécinho
Fidel Vidal. A paixón amorosa de Pessoa por Ophelia non comeza ben e acaba educadamente. “Quem ama verdadeiramente não escrebe cartas que parecem requerimentos de advogado”, di nunha das primeiras, e nunha das últimas: “Quanto a min… O amor passou. Mas conservo-lhe uma affeição inalteravel, e não esquecerei –nunca, creia- nem a sua figurinha engraçada e os seus modos de pequenina, nem a sua ternura (…) Pode ser que me engane, e que estas qualidades, que lhe atribúo, fossem uma illusão minha.” (Pessoa, Cartas de amor). “Nunca amamos alguem. Amamos –certifica Bernardo Soares no Livro do desassossego-, tam sòmente a idéia que fazemos de alguem. Seguir lendo Ophelia, o Bébécinho
A loucura da avoa Dionísia
Fidel Vidal. Para Antonio Tabucchi, que cataloga a poesía de Pessoa como surrealista, a loucura aflora e desaparece, circula latente ou ao descuberto ao longo de toda a súa obra. “Na vida circula baixo varias formas. Xorde inicialmente na infancia solitaria, cando a través do imaxinario personaxe de Chevalier de Pas, o pequeno Fernando escrébese cartas a si mesmo; está presente na traxedia familiar antes de partir para Durban, pois a familia vese na obriga de hospitalizar a avoa paterna, aflixida por graves perturbacións mentais, nun hospital psiquiátrico de Lisboa; volve a aparecer na adolescencia surafricana coa creación do heterónimo Alexandre Search, o cal, evadido da dimensión da literatura e entrando na vida, intercambia correspondencia con Pessoa.” Seguir lendo A loucura da avoa Dionísia
Os innúmeros de Ricardo Reis
Fidel Vidal. Ter un nome equivale, tal como sucede no noso país, a levar connosco un documento (nacional) de identidade que o diga (por non falar dunha nómina), ou estar inscrito nun Libro de Familia. Un D.N.I. nunca construíu unha identidade. Os antropólogos traen novas de culturas onde a heteronimia forma parte natural da conduta humana. Seguir lendo Os innúmeros de Ricardo Reis