Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Eu, Álvaro de Campos

alvaro1Fidel Vidal. En Álvaro de Campos (“o mais histèricamente histérico de mim”, di Pessoa) latexa constantemente o anhelo por ser un, un eu:

Eu, eu mesmo…/Eu, cheio de todos os cansaços/(…)/Eu son eu/Eu fico eu/Eu…

A orixe de toda identidade, polo menos na nosa sociedade, nace en primeiro lugar da figura do pai. O acceso á realidade (simbólica) verifícase a través del (Bauer), pois este transmite a liñaxe, o saber, a palabra. Sabemos dos pais, das nais e dos avós de Pessoa (particular importancia ten a súa avoa Dª Dionísia Estrela). Seguir lendo Eu, Álvaro de Campos

O mestre Caeiro como existencia

alberto caeiroFidel Vidal. (Quem sabe quem os lerá?/Quem sabe a que mãos irão?). Velaquí esta paixón tan solitaria… a poesía. E não estou alegre nem triste. Esse é o destino dos versos, agrega Fernando Pessoa. Se a realidade total se fundamenta na falta pola que é posíbel acercármonos a ela, a realidade humana é esencialmente ir facéndose a través do baleiro necesario por onde crecer. Escribimos para sermos o que somos e para ser aquilo que non somos. María Zambrano afirma que a unidade xamais é completa, porque se referirá continuamente a “o outro”. Seguir lendo O mestre Caeiro como existencia

Cansaço

Image converted using ifftoanyFidel Vidal. Se ben o propio Pessoa defínese como un histérico, o certo é que sempre foi un obsesivo xenial obstinado en ser un histérico. Que dicir da neurastenia, da histeria, da despersonalización, que tanto lle preocupaban a Pessoa? A neurastenia defínese no discurso médico como un trastorno neurótico que se caracteriza por fatiga, cansaço, irritabilidade, depresión, insomnio, dificultade de concentración e anhedonia (falta de capacidade para o pracer). Seguir lendo Cansaço

O “caso” Pessoa

fernando pessoa1Fidel Vidal. Fernando Pessoa é un caso en calquera das acepcións da palabra (“Este neno é un caso!”). Mesmo un caso clínico. Así considerouno el mesmo co propósito de resolver o enigma dos seus heterónimos. Mais, para sermos xustos, non hai caso clínico que descubrir na heteronimia de Pessoa. Trátase dunha “simple loucura” como acontece quizais con toda a literatura, porque “a literatura, como a arte en xeral, é a demostración de que só a vida non basta.” Seguir lendo O “caso” Pessoa