Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Conversas de escaparate. A mirada

mirada1Fidel Vidal. -Chimpei a copa con tanta rabia que foi escachar na cachola do suxeito que me miraba con insolencia.

-Non me decatei da mirada, nin do suxeito en cuestión.

-Aí estaba. De pé. Pasou media noite sen me quitar ollo. E cun sorriso de chulo.

-A cotío barruntas no mesmo. Que se che miran con insinuacións noxentas, que se chiscan os ollos. Seguir lendo Conversas de escaparate. A mirada

E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, de John Berger

berger2Fidel Vidal. Dividida en dúas partes -a primeira trata do tempo (1/Unha vez), e a segunda do espazo (2/Aquí)- o pequeno pero intenso volume de John Berger (E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, Hermann Blume, 1986) mergúllanos nunha profunda e intimista análise sobre temas de sempre, filosóficos se queredes, nos que o autor ponnos diante do espello co obxecto -coido que sen buscalo- de que reflexionemos ante as eivas que nos envolven. Ensaios e poesía van da man nesta recomendable obra, na que se atopan ademais achegas sobre Van Gogh e Caravaggio. Seguir lendo E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, de John Berger