Fidel Vidal. Hai uns anos recibín un agasallo fermoso e sorprendente que hoxe, por estrañas circunstancias, acudiu á miña memoria: o libro de Emilio Araúxo Andades á xunta? (Con Isolina Pumar en Chaiviou e no Poulón), edición non venal, 2010. Unha fotografía a cor e unha cordial dedicatoria completan o inesperado e formidable galano. No retrato, a modo de postal, aparece Manuel Garrido Silva, artesán de caretas, amosando unha de cigarrón con mitra decorada por un ergueito cabalo en branco e vermello sobre un prado verde. Na parte posterior Emilio explica as razóns de tal envío, que non vou dicir, agás a honra e deferencia de me considerar un máis da “nosa aldea”. Seguir lendo Andades á xunta?, de Emilio Araúxo →