Fidel Vidal. Os zapatos -e non digamos as formas de madeira nas que se embuten para os adaptar á comodidade dos pés-, deron xogo dabondo ao longo da historia da creación. Hai contos nos que participan como protagonistas, tal o zapato de cristal da Cincenta ou as botas de sete leguas do gato, de Perrault. Na pintura lembremos A randeeira de Fragonard onde un zapato polo ar capta a atención do espectador, as babuchas de Delacroix, o par zocas ou os zapatóns de labrega de Van Gogh, os zapatos-pés en AFilosofía no tocador de Magritte, por non mencionar as series temáticas de Warhol. Seguir lendo Marilyn, de Joana Vasconcelos
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Os cordóns dos zapatos de Steiner
Fidel Vidal. A psicoloxía evolutiva vén ofrecendo distintas teorías ou modelos sobre o desenrolo do ser humano. Freud, desde o punto de vista psico-sexual, fala das fases oral, anal, fálica, un período de latencia, para rematar coa fase xenital. Seguir lendo Os cordóns dos zapatos de Steiner
Masturbaraton: o fin da vergoña
Fidel Vidal. Desde tempos inmemoriais o ser humano, sexa home ou muller, sempre practicou o autoerotismo. Malia os castigos impostos polas autoridades, maiormente relixiosas coa conivencia das científicas –moito perigo cando se xuntan médicos e curas-, os homes e as mulleres seguiron masturbándose. De continuaren co “vicio solitario” a vida non lles sería nada agradable pola ameaza dos males que traía consigo. No século XIX, cando non representaba ela mesma xa un mal (loucura masturbatoria), formaba parte das máis importantes causas de enfermidades, Seguir lendo Masturbaraton: o fin da vergoña
Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac
Fidel Vidal. Cyrano de Bergerac (1619-1655) co seu extraordinario nariz, antes de o coñecer como autor soubemos del como personaxe de cine grazas a dúas películas baseadas na obra de teatro de Edmond Rostand. Unha de 1960 interpretado por José Ferrer e despois en 1990 por Gérard Dupardieu. Por iso resulta altamente atractivo entrar nos seus escritos que nos certifican a fantasía e agudeza da que é capaz o autor. Seguir lendo Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac