Fidel Vidal. A palabra escuro, de obscurus (cuberto, non visible e confuso), está formada polo prefixo ob– (enfrontamento, oposición) e unha raíz indoeuropea (s)keu– (cubrir, agochar). Defínese como aquilo que emite, recibe ou reflicte pouca ou ningunha luz. Algo tenebroso, críptico, ignoto, que provoca dúbidas e inseguridades. Seguir lendo Da escuridade
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Maigret en Chile
Fidel Vidal. A novela Ninguén sabe máis que os mortos, de Ramón Díaz Eterovic (Lom, 2002), vai sobre desaparecidos e mortos durante a ditadura militar de Pinochet en Chile, e o lexítimo e humano afán dos achegados de recuperaren os restos mortais dos seus parentes e seres queridos. Nesas anda -igual que na obra de título tan significativo coma Os sete fillos de Simenon- o detective Heredia, “un detective canso, cun permanente desexo de beber unha copa e deixar que a vida pase ao seu carón sen importunar”, nunha historia que se nega a pasar folla sen antes rematar as anteriores. Xamais debemos esquecer o pasado. Sería imperdoable. “O pasado é menos duro se o esquecemos –dixen, convencido de que mentía. Seguir lendo Maigret en Chile
Eucalipcia
Fidel Vidal. Galicia mudou de paisaxe. Entrando pola autovía “Camiño de Santiago”, mires onde mires non es quen de dares cun espazo onde, preto ou lonxe, non tropeces cunha plantación de eucaliptos. Seguir lendo Eucalipcia
Custo adicional
Fidel Vidal. Hai ocasións nas que semella estarmos perseguidos por unha palabra, como se a cada tranco a víramos aparecer sen máis e sen que por iso nos preguntemos a que demos vén esa persoal fixación un chisco paranoica. Somos nós a detérmonos nela ou é ela, a verba, a que se adianta no camiño e aí a temos outra vez de volta? Seguir lendo Custo adicional