Pilar Sampedro. Poucas persoas poden falar de lectura coa bagaxe acumulada de Antonio Basanta; o que foi presidente da Fundación Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) e hoxe vicepresidente e padrón, leva toda a vida traballando coa lectura, facendo posible a creación de expertos e expertas, construíndo bibliotecas e centros de estudos, casas do lector, publicacións… e todo o que resultaba necesario para a creación da sociedade lectora que tanto el como o fundador de Anaya e da FGSR defendían. Ninguén coma el ten seguido tan de cerca a evolución dos libros e a lectura neste tempo, como demostran os máis de 30 libros educativos relacionados coa promoción da cultura. Seguir lendo Antonio Basanta. Leer contra la nada
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
Moitos anos despois…: os libros de Antía Cal
Pilar Sampedro. Moitos anos despois, fronte ao público asistente á presentación, Antía Cal tapa a cara nun xesto emotivo; cando o fillo lle fai demanda de descubrirse, afirma: “El tiña que estar aquí”, e ese “el” é o Antón Beiras, que asina con ela o libro. Todo o que ten que ver con Antía e o seu home ten esta carga de afectividade e dignidade que non deixan de sorprendernos. Unha parella que vai da man en todo o importante, ata o punto de que Antía titula as súas memorias Este camiño que fixemos xuntos. Seguir lendo Moitos anos despois…: os libros de Antía Cal
Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento
Pilar Sampedro. Factoría K publica Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade da autoría de Antonio Lozano e traducido por Ramón Nicolás. Antonio Lozano xa conta con outro texto traducido á nosa lingua, Eu son Suleimán. Unha boa novela que trata dos traballos dun rapaz africano que chega ao noso país despois de mil vicisitudes, pero non para acadar o paraíso senón para volver ao punto de partida ao que o devolven no final do relato. Unha historia triste da que semella ter caído a esperanza. Unha narración que se converteu nunha obra teatral moi representada en Canarias. Agora, volve a África para contar a historia de Mandela a través do relato dun mozo que vén sendo o seu bisneto. Seguir lendo Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento
Exposicións en Noia: Axeitos no Liceo
Pilar Sampedro. Con Axeitos: acuarelas e caricaturas, comezou o verán, de verdade, en Noia. Máis de cen obras entre augadas e caricaturas. Máis de cen persoas na inauguración da exposición que falan da popularidade do pintor, do interese pola súa obra e dos afectos que esperta. Seguir lendo Exposicións en Noia: Axeitos no Liceo