Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Exposicións no Barbanza, Anselmo Lamela e os seus arcanos da imaxinación

ALPilar Sampedro. O surrealismo vénlle de lonxe a Anselmo Lamela. Anda nel desde os anos setenta do século pasado cando formaba parte do FOGA (Fato de Ounirismo Galego), un movemen-to medio anarco que andaba por Compostela e movéndose por Galicia especialmente  polo Salnés. Méndez, Kukas, Silva, Leiro, Seara… formaban parte deste grupo que realizou varias exposicións e performances naqueles tempos. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Anselmo Lamela e os seus arcanos da imaxinación

Exposicións no Barbanza, Jorge Agra, herdeiro do pop art

JorgeAgraPilar Sampedro. Jorge Agra é fillo da chamada arte pop ou popular, daquela que nace dun mundo pragado de marcas nos produtos, en vallas e carteis, na publicidade e na propaganda, nos mass media e o deseño, nos ídolos mediáticos, na moda; en fin, nese entramado que forma a sociedade de consumo. Unha iconografía recoñecida por todos e todas nós que nos leva aos sesenta cando se comezou a traballar e nos trae ata a actualidade. Unha arte que ten, entre nós, as fontes no Equipo Crónica e, a nivel internacional, en artistas como Andy Warhol e os seus personaxes famosos que equiparaba a latas de sopa ou as derivacións do cómic de Lichtenstein. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Jorge Agra, herdeiro do pop art

“Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II)

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo.IIPilar Sampedro. Boisaca, lugar de triste lembranza, porque nos seus paredóns foron fusilados republicanos e galeguistas nos días da furia fascista, acolle na despedida do Nadal, cun acto de xustiza, que ano a ano pretende facer de contrapeso a tanto mal que se lle fixo a quen máis merecía o respecto de todos e todas. Malos tempos foron aqueles dos finais de Díaz Pardo cando foi traizoado por compañeiros e traballadores, cando ata foi expulsado do IGI que era a súa casa, unhas celas austeras –como todo o seu– no que traballaba sen descanso, onde o deixaron sen poder de decisión para pasárllelo a uns empresarios que só buscan o beneficio Seguir lendo “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II)

Unha estreliña forxada na irmandá (I)

Imaxe para café barbantia. IPilar Sampedro. “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá e quero ver brilar a lus d´esa estreliña hasta chegar cegar. Que vexan os demais n´esa estreliña a lus da libertá, que vexan que o tesouro máis querido o ten o seu brilar. Estreliña feituca de cariños, estrela do meu lar, que sempre te levei como reliquia de Terra, Dios e Nai, xa te deixo prendida no meu fillo por sempre endexamais”. Seguir lendo Unha estreliña forxada na irmandá (I)