Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Premio Arume de poesía para infancia

logo_arumePilar Sampedro. O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi convocado este ano (o 21 de marzo, Día da Poesía) por parte da Fundación Neira Vilas e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) co patrocinio de Deleite.

A Fundación Neira Vilas convocou este premio e o Estornela de Teatro ao logo de oito anos (entre o 2001 e 2015), demostrando así que unha fundación no rural e pobre era quen de traballar compensando (ata onde lle era posible) as fallas das publicacións infantís. Seguir lendo Premio Arume de poesía para infancia

A escritora na súa terra

A escritora na súa terraPilar Sampedro. Neste 2021, a homenaxe na súa terra, que cada ano dedica a AELG a un dos seus escritores ou escritoras, recaeu en Concha Blanco.Realizouse en Cee o sábado 12 de xuño. Como é costume, colocouse unha pedra sobre a que vai gravado un poema da autora, plantouse unha árbore (neste caso un pradairo, esa escultura de follas vermellas que colorea o aire) Seguir lendo A escritora na súa terra

Música con premio para unha investigación

TrobadorPilar Sampedro. Hai un días entregouse o premio APECSA (da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago) ao grupo musical A Quenlla, en base ao seu traballo Trobador no Camiño. As cantigas de Martín de Padrozelos. Un acto celebrado no Museo das Peregrinacións, como correspondía e onde nos foi entregado o volume De amor e de amigo. As cantigas de Martín de Padrozelos. Cando imos afondando no volume, atopamos que todo nace da chispa dun artigo escrito por Novoneyra e publicado en El Progreso en 1954 Seguir lendo Música con premio para unha investigación