Francisco Ant. Vidal Blanco. Certo día, para poñer ó seu alumno a proba, Aristóteles acercouse ó pupitre de Alexandre e púxolle diante unha corda cun arrevesado nó para que o desfixese. Alexandre intentouno unha e outra vez ata poñerse nervioso, e como non lle atopaba xeito, sacou de espada e fendeu a corda polo mesmo nó para demostrar Seguir lendo O nó de Alexandre
Arquivo da categoría: Ensaio
O que arde
Ignacio Castro Rey. O que arde (Oliver Laxe, 2019) é unha película que hai que ver. Aínda que só sexa porque ten “pouco que ver” coas facilidades que corren por estes pagos, tanto de factura nacional como estranxeira. Poderíase dicir case, como ocorre en Paterson e algunhas outras obras, sexan de Guerín, Lois Patiño ou Mercedes Álvarez, pero moi distinta a todas elas, que a de Laxe é unha película sobre nada, acerca da néboa lenta que é a vida humana. Isto obriga a unha atención constante para non perder ningún detalle, aspectos ás veces insignificantes nos que se xoga o conxunto da historia. Se é que se pode falar de historia neste caso, dado que o narrado roza de continuo o inane, o ser lento da especie humana e da terra. Seguir lendo O que arde
Día da conciencia negra
Xerardo AgraFoxo. Aquela xornada era festiva por celebrarse o Día da Conciencia Negra. Os actos comezaran uns días antes na capital estatal. Coincidindo con esa celebración, o xornal Folha de São Paulo publicara este diálogo nun consultorio hospitalario da contorna:
–Vostede é o médico? Seguir lendo Día da conciencia negra
Marilyn, de Joana Vasconcelos
Fidel Vidal. Os zapatos -e non digamos as formas de madeira nas que se embuten para os adaptar á comodidade dos pés-, deron xogo dabondo ao longo da historia da creación. Hai contos nos que participan como protagonistas, tal o zapato de cristal da Cincenta ou as botas de sete leguas do gato, de Perrault. Na pintura lembremos A randeeira de Fragonard onde un zapato polo ar capta a atención do espectador, as babuchas de Delacroix, o par zocas ou os zapatóns de labrega de Van Gogh, os zapatos-pés en AFilosofía no tocador de Magritte, por non mencionar as series temáticas de Warhol. Seguir lendo Marilyn, de Joana Vasconcelos