Arquivo da categoría: Ensaio

Exposicións enriquecidas 2: Persoas de Gabriel Tizón e Patricia Muñoz

PersoasPilar Sampedro. Nunha entrada anterior falabamos de Sonoro empeño. As músicas nas coleccións de Abanca e Afundación e como se ía enriquecendo a exposición con outras iniciativas. No caso ao que nos imos referir hoxe, o complemento é distinto. Trátase da mostra Persoas, que se podía ver na mesma cidade pero, neste caso, nos salóns de Fonseca (dependentes da Universidade). Seguir lendo Exposicións enriquecidas 2: Persoas de Gabriel Tizón e Patricia Muñoz

Os primeiros pasos

micromachismo4Francisco Ant. Vidal Blanco. A media mañá, nesa hora en que as rúas se enchen de cafeteiros saíndo das oficinas e xubilados cansos de ler noticias e escoitar as radios, a miña rúa énchese de avós paseando cochiños de nenos. Moitos menos dos que sería de desexar, pero suficientes para que esa imaxe se grave na memoria e me lembre o álbum de fotos de miña tía María Seguir lendo Os primeiros pasos

Influencia artística

florencia-cupula-brunelleschi-010Domingo Regueira. Eles, poetas, pintores e escultores, foron os que a través da historia máis contribuíron ácreación do mundo espiritual, inventando imaxes, doutrinas, lendas, fábulas, oráculos, teofanías … Eles modelaron escenarios, santuarios e deuses, engadindo cantos e músicas que colmaron de fantasía as puerís mentes plebeas mostrándolles anxos voadores, apóstolos de a cabalo, ou espaventos e manes que saían aos camiños. Seguir lendo Influencia artística

A marabillosa historia de Peter Schlemihl

54301847Fidel Vidal. Hai libros que lemos aconsellados por un amigo, outros veñen ligados a referencias dun autor preferido, algúns son produto da propia iniciativa e despois están os que nin sabemos como diaños fomos bater con eles. Isto último sucedeu coa novela A marabillosa historia de Peter Schlemihl (Anaya, traducida do orixinal, Berlín, 1814) do poeta romántico Adelbert von Chamisso (1781-1838). Un “Schlemihl” era un home sen fortuna, un malfadado que podería “romper o nariz mesmo caendo de costas”. En alemán “schlemihl” significa pelagatos, un ninguén. Una historia con tanto éxito nas súas primeiras edicións que o autor non foi quen de se atrever escribir ningunha novela máis.  Seguir lendo A marabillosa historia de Peter Schlemihl