Arquivo da categoría: Ensaio

Nova York en José Martí

184da6f90256a18f864d32b0d2240a5aCésar Alen. A poesía, en certo xeito, foi o acicate da revolución cubana, e doutras moitas por suposto. Que razón tiña Gabriel Celaya cando dicía que “a poesía era unha arma cargada de futuro”. Primeiro foi a súa formación intelectual, deixar atrás a simplicidade do pai, a basta conduta militar. Un mentor culto e idealista (iso é o que todos necesitariamos).  Mendive era o seu nome. Plantou unha semente, algo que parecía insignificante, pero que chegou moi lonxe, á culminación da revolución castrista.  Outro punto de inflexión foi a súa viaxe a Nova York.  Aquela mastodóntica urbe esmagouno, deixouno sen folgos, someteuno, subxugouno. Seguir lendo Nova York en José Martí

Baleiro en azul

51019Fidel Vidal. O azul, segundo Michel Pastoureau (Breve historia das cores, 2006), é a máis “razoable” de todas as cores. Despois da mala sona na Antigüidade –en Roma, os ollos azuis delataban unha muller como de mala vida-, e mesmo esquecido, tanto que nin se consideraba cor. Para establecer un vocabulario houbo que buscalo fóra, “en palabras xermánicas (blau) e árabes (azraq)”. En castelán antigo dicíase azur, do árabe lazawárd ou lapislázuli, sinalando a cor azul do mineral. Mais como a Virxe vive no Ceo, os artistas do medievo vestirana de azul. Dese xeito, pola influencia relixiosa, o azul gañou adeptos e foise convertendo ao longo da historia nunha cor de elección, en especial en Europa, no Occidente en xeral. Seguir lendo Baleiro en azul

O balonmán como pedagoxía progresista

39021f034037cc1a4a171199777de1daX. Ricardo Losada. (A Xesús Costa Rodil, un ano despois da súa morte). Coñecín a Xesús Costa en 1973, cando eu tiña 12 anos e el chegou como mestre ao colexio de Rianxo onde eu estudaba. Eran os estertores do franquismo e el, nun ambiente académico imbuído ata a medula de pedagoxía nacionalcatólica, foi un anticipo da democracia e unha práctica retardada das teorías do que despois souben que se chamaba Institución Libre de Ensinanza. Seguir lendo O balonmán como pedagoxía progresista

Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI

adeliaRomán Arén. Gustavo Sánchez Galarraga naceu na Habana en 1892 e aos catorce anos publicou o seu primeiro poema e xa non parou ata o ano da súa norte, en 1934, pois publicou trinta e dous poemarios, entre os que destacan La fuente matinal (1915), Lámpara votiva (1917), La barca sonora (1917), Copos de sueño (1918), Excelsior (1919), Camionero de la vida (1920), La copa amarga (1920), Cromos callejeros (1920), Glosas del camino (1920), Música triste (1920), Flores de agua (1921), Senderos de luna (1924), Las espinas del rosal (1927)… Ademais foi dramaturgo (Teatro, 1918-1929, nove tomos), crítico teatral (El arte teatral en Cuba, 1916), autor de aforismos e de zarzuelas musicadas por Lecuona. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. O cubano Sánchez Galarraga CXXI