Gonzalo Trasbach. Nos días previos ao verán, chegaron ás nosas mans dous discos que, sen ningunha dúbida, van subir a temperatura sonora desta tempada estival. Os álbums veñen por parte de dúas contrastadas artistas británicas: Kate Tempest e Cate Le Bon. A de Londres acaba de publicar The Book Of Traps And Lessons (o libro das trampas e as leccións), o terceiro da súa meteórica carreira, mentres que a de Gales vén de editar Reward (Mexican Summer), o sétimo da súa ampla e variada traxectoria artística. Seguir lendo Kate Tempest e Cate Le Bon soben a temperatura sonora
Arquivo da categoría: Ensaio
O patrón dos electricistas
Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai santos que fan máis ben na terra ca no ceo, e sen cobrar esmolas, cera ou poxas de romaría, santos a quen é moito mellor que Deus non os chame á súa gloria e os deixe aquí, neste val de bágoas, exercendo as súas boas obras, onde o común dos mortais, crentes e non crentes Seguir lendo O patrón dos electricistas
Eucalipcia
Fidel Vidal. Galicia mudou de paisaxe. Entrando pola autovía “Camiño de Santiago”, mires onde mires non es quen de dares cun espazo onde, preto ou lonxe, non tropeces cunha plantación de eucaliptos. Seguir lendo Eucalipcia
A esquecida lección dos mestres
X. Ricardo Losada. Xa teño comentado neste mesmo Café que a primeira vez que visitei a exposición Castelao maxistral non puiden contemplala con ecuanimidade e rigor porque, no medio dun grupo organizado de visitantes, deixeime dominar por un lexítimo e fermoso orgullo de ser rianxeiro como Castelao. Por iso, a segunda visita fíxena só. E esta vez si puiden imbuírme do espírito que a exposición trata de transmitir. O amor de Castelao pola humanidade a través das peculiaridades culturais, políticas e históricas da súa propia nación. Seguir lendo A esquecida lección dos mestres