María Xesús Blanco. Un vaso de iogur, unha botella pequena de auga e unha bolsa baleira de pipas. Plásticos abandonados na area. A luz de maio reflíctese neles coma se fosen espellos opacos. O paseo resultaría máis agradable se non fose este nordés que arrefría as orellas. O iris quere gozar do contorno. Mais é tan inevitábel como imposíbel seguir coa mirada o periplo tolo do lixo esparexido. Seguir lendo Paisaxe marítima
Arquivo da categoría: Ensaio
Comercio local – Comercio global
Pilar Sampedro. Semella necesario falar do comercio de proximidade fronte ao perigo do chamado comercio global, de hipermercado ou outros modelos homoxeneizantes. Na capital de Galicia o problema é realmente atafegante. Día a día van desaparecendo os comercios emblemáticos, os de sempre, aqueles que mantiñan a historia común Seguir lendo Comercio local – Comercio global
Un pedagogo noiés
Pastor Rodríguez. Nacido en Argalo, Noia, en 1859, Celestino Buján Suárez foi mestre de primeiro ensino e superior, a súa figura foi estudada na revista Alameda pola profesora Aurora Marco no 2001. Tras exercer en diferentes escolas galegas e de crear unha escola de adultos, obtivo o seu destino definitivo en 1893 na Escola Normal Superior de Mestres en Compostela, tras acadar o título de mestre normal na Escola Normal Central de Madrid. Dende esa data iniciou unha etapa da súa vida non só dedicada á docencia, senón tamén á participación en congresos sobre todos os temas relacionados co ensino. Seguir lendo Un pedagogo noiés
Cambiar de idea
X. Ricardo Losada. Sempre que me poño a escribir un artigo coma este, activáseme a autocensura. Para que queres dicir tal cousa? Só vas conseguir que te lean aínda menos persoas das que normalmente te len. Porque ese tema do que quero falar é o feminismo e algúns excesos que está a cometer. Cambia de tema, dime de novo o cerebro; limítate a dicir estas cousas como fan a maioría dos homes, en privado. Regálalle rosas ás mulleres (elas son as que len neste país noso) e, sobre todo, ás feministas. Son as heroínas do noso tempo. Pero non. O meu cerebro non me deixa. Estudou filosofía para dicir, sabendo que pode estar equivocado, o que pensa, e para romper esquemas convencido de que só desde a loita conceptual de contrarios se pode progresar na ciencia e na moral. Seguir lendo Cambiar de idea